Cuatrosfera foi un programa contedor da canle de televisión española Cuatro emitido entre o 8 de novembro de 2005 e o 29 de abril de 2010. Emitía distintas series de ficción e animación nas mañás da fin de semana e nas noites de luns a xoves.
Formato Tratábase dun programa xuvenil con presentadores que intercalaba series con reportaxes. Diferenciábanse dúas edicións: Cuatrosfera Urbano (ou mañás) e Cuatrosfera +18 (ou noites).
Ambas as edicións compartían o mesmo estudio e algunhas reportaxes.
Cuatrosfera Urbano Esta edición estaba presentada por Manuela Velasco, e nunha primeira etapa xunto a Víctor Masán.
Emitiron series como: Dragon Ball Z, Rebelde Way e V.
Cuatrosfera +18 Esta edición estaba presentada por Kira Miró, nunha primeira etapa xunto a Johann Wald e despois xunto a Ernesto Sevilla. Colaboraba xente como Sandra Uve, Jordi Costa ou Pedro Quella.
O programa repasaba en ton humorístico as tendencias máis quentes, emisións insólitas doutras cadeas de televisión, o último en videoxogos e as novidades de Internet.
Emitiron series como Alias, Gasaraki, Bleach ou South Park.
Series de Cuatrosfera
Alias Baby Blue SpongeBob SquarePants Dragon Ball Z Bleach Cowboy Bebop Knight Rider The Greatest American Hero O Show da Pantera Rosa Fullmetal Alchemist Galáctica Gasaraki Ghost in the Shell: Stand Alone Complex Kevin Spencer Kung fu The Oblongs MÄR ¡Mucha Lucha! Naruto Neon Genesis Evangelion Otaku Outlaw Star Paranoia Agent Perfect Strangers Pretty Cure RahXephon Rebelde Way Samurai Champloo Serial Experiments Lain South Park V Vaca e polo Life with Derek Wolf's Rain Wonder Woman
Notas
Categoría:Programas de Cuatro Categoría:Programas de televisión de España