Cinderella II: Dreams Come True (tamén coñecido como Cinderella 2: Dreams Come True) é un filme estadounidense de 2002 dirixido por John Kafka a partir dun guión de Jill E. Blotevogel, Tom Rogers e Julie Selbo. É a secuela de Cinderella, e o primeiro do filme en empregar animación dixital. Está protagonizado polas voces de Jennifer Hale, Russi Taylor, Corey Burton e Rob Paulsen.

Estreouse o 26 de febreiro de 2002. Recibiu valoracións negativas por parte da crítica. Varios críticos coincidiron en que parecían restos conxuntos dunha serie de televisión rexeitada, de xeito semellante a Beauty and the Beast: Belle's Magical World e Atlantis: Milo's Return.LVJeff reviews: The Hunchback of Notre Dame II; Cinderella II: Dreams Come True Porén, o segmento An Uncommon Romance, foi eloxiado por desenvolver o personaxe de Anastasia.

Personaxes

Jennifer Hale como Cincenta Rob Paulsen como Jaq/Grand Duke/The Baker/Sir Hugh/Bert/Flower Vendor Corey Burton como Gus Andre Stojka como o rei Russi Taylor como Fada Madriña, Drizella Tremaine, Mary Mouse, Beatrice, Countless Le Grande e Daphne Susanne Blakeslee como Lady Tremaine Tress MacNeille como Anastasia Tremaine Holland Taylor como Prudence Christopher Daniel Barnes como Príncipe Charming Frank Welker como Lucifer/Pom-Pom/Bruno

Notas

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América