A Organización Internacional de Mulleres Sionistas (WIZO en inglés; : ) é unha organización sionista de mulleres voluntarias adicada ás políticas de benestar social en todos os sectores da sociedade israelí, o progreso da condición da muller e a educación en Israel e na diáspora xudía.
Historia miniatura|210x210px|Vera Weizman visitando unha escola infantil da WIZO en Rehovot. Ano 1946. A WIZO fundouse en Inglaterra o 7 de xullo de 1920 por Rebecca Sieff, Vera Weizmann (muller do primeiro presidente de Israel , Chaim Weizmann), Edith Eder, Romana Goodman e Henrietta Irwell para proporcionar servizos comunitarios para os residentes do Mandato de Palestina. As orixes da organización están vinculados á Federación Sionista de Gran Bretaña e Irlanda.
A WIZO abriu sucursais en varios lugares de Europa, coma a xestionada por Julia Batino en Macedonia, mais moitas foron pechadas tras a ocupación nazi e o Holocausto. As sucursais en Latinoamérica continuaron a operar durante a guerra.
En 1949, despois do establecemento do Estado de Israel, a WIZO trasladou a súa sede central a Israel e Sieff converteuse na presidenta da organización. En 1963 Sieff foi substituída por Rosa Ginossar nas súas funcións de presidenta. Outras antigas presidentas inclúen nomes coma os de Raya Jaglom e Michal Har'el Modai (Miss Israel e muller do político israelí Yitzhak Moda'i).
Evelyn Sommer (Presidenta de WIZO) e Ilana Ben Ami (Presidenta de WIZO Israel) tentaron negociar co presidente mexicano Luis Echeverría en 1975 para disuadilo das súas intencións de condenar o sionismo coma unha forma de racismo durante a Conferencia Mundial das Mulleres en México. A pesar das promesas de Echeverría, a Asemblea Xeral da ONU adoptou a resolución 3379 contra o sionismo, tras o impulso dos países árabes e o apoio do Movemento Non Aliñado e o bloque soviético. Dita resolución foi revogada en 1991 pola mesma ONU na Resolución 46/86.
Entre os primeiros proxectos de benestar sociais da WIZO no Mandato de Palestina estivo o establecemento de clínicas infantís Tipat Halav e centros de distribución da roupa, moitos aínda operativos. A WIZO abriu o primeiro centro de coidado de día do país en Tel Aviv no ano 1926.
En 2008, a WIZO, xunto con outras dúas organizacións de mulleres, recibiu o Premio de Israel pola súa contribución especial á sociedade e ao Estado de Israel.
miniatura|Medalla da WIZO que pertence a Betty Halff-Epstein, no Museo xudeu da Suíza. miniatura|210x210px|WIZO nun acto en Estrasburgo, Francia, no ano 2009.
Actividade política en Israel A WIZO formou un partido político e presentouse á Knesset nas primeiras eleccións de Israel en 1949, recibindo o 1,2% do voto. Obtivo un escano, o cal foi ocupado por Rachel Cohen-Kagan, a Presidente da WIZO naquel tempo. Máis tarde, Cohen-Kagan presentouse ás eleccións para o quinto Knesset formando parte do Partido Liberal, aínda que dentro dun subgrupo que saíu para formar os Liberais Independentes.
Na actualidade Hogano, a WIZO xestiona 180 centros de atención diúrnos en Israel, ocupándose de 14.000 nenos de nais traballadoras, inmigrantes e familias necesitadas. A organización tamén coordina campamentos de verán, cursos para familias monoparentais e marcos terapéuticos para nenos retirados dos seus fogares por encargo de tribunal.
A WIZO é a día de hoxe a maior organización feminista sionista do mundo. En 2008, 36 países membros enviaron delegados a Israel para celebrar o 88º aniversario da organización.
Desde 2024 a presidenta da WIZO Mundial é Anat Vidor.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Sionismo Categoría:Organizacións internacionais