Fatima bint Hamad al-Fudayliyya, coñecida tamén como Al-Shaykha al-Fudayliyya, finada na Meca en 1831, foi unha xurista e estudosa dos hadith musulmáns. É considerada unha das últimas eruditas dunha longa traxectoria de mulleres muhaddith.

Traxectoria Fatima bint Hamad al-Fudayliyya naceu a finais do século XII da era musulmá, e pronto destacou na arte da caligrafía e as ciencias islámicas. Tivo especial interese nos hadith, documentouse abondo en dito ámbito, recibiu diplomas de numerosos eruditos e logrou por méritos propios unha excelente reputación como muhaddith.

Foi tamén experta en fiqh (xurisprudencia islámica) e tafsir (interpretación do Corán). Ás súas conferencias na Meca asistiron moitos muhaddith de sona, quen recibiron certificacións dela, entre eles, Umar al-Hanafi e Muhammad Salih. Os eruditos que estudaron con ela enxalzaron a súa devoción, honradez e práctica do zuhd (ascetismo islámico). Foi, así mesmo, tida en alta estima pola fermosa caligrafía dos seus libros.

Cara ao fin da súa vida estabeleceuse en Makkah (Exipto otomán), onde fundou unha valiosa biblioteca pública. Morreu en 1831 (Hijri 1247).

Notas

Categoría:Finados en 1831

Categoría:Personalidades do islam Categoría:Estudosos da relixión Categoría:Personalidades sen imaxes