Marcelo Bahia Odebrecht, nado en Salvador, Brasil, o 18 de outubro de 1968, é un enxeñeiro civil e empresario brasileiro. Entre 2008 e 2015, foi presidente de Odebrecht, actualmente chamada Novonor, unha das maiores empresas de enxeñería e construción de América. É fillo de Emílio Alves Odebrecht.

Pola súa participación á fronte de Odebrecht, o 8 de marzo de 2016 foi condenado pola Audiencia Federal brasileira por delitos relacionados coa trama de corrupción descuberta na Operación Lava Jato.

Traxectoria Marcelo é fillo do matrimonio de Emílio Alves Odebrecht (fundador de Braskem) e Regina Bahia, e neto de Norberto Odebrecht (fundador da Construtora Norberto Odebrecht, radicada en Baía) e de Yolanda Alves. Ten tres irmáns. É descendente directo do inmigrante alemán Emil Odebrecht, que chegou ao estado brasileiro de Santa Catarina na segunda metade do século XIX.

Odebretch estudou Enxeñería Civil na Universidade Federal de Bahia. Está casado e ten tres fillas. Sucedeu ao seu pai coma CEO da empresa familiar en 2008 que en 2015, xa era a maior compañía construtora de América Latina.

Operación Lava Jato Malia o xeito de facer negocios da empresa, nunca tivo problemas coa xustiza até chegar á Operación Lava Jato. O 19 de xuño de 2015, foi detido preventivamente no marco da Operación Lava Jato. Entre as diversas acusacións que se lle imputaron, Marcelo estaba acusado, xunto coa construtora Andrade Gutiérrez, de pagar máis de 700 millóns de reais en subornos para conseguir contratos de milleiror de millóns de dólares en varios niveis de goberno. Otávio Marques de Azevedo, CEO de Andrade Gutierrez, tamén detido na mesma ocasión, xunto con outros dez acusados, incluídos altos executivos de Odebretch.

O 8 de marzo de 2016, foi condenado a 19 anos e 4 meses de prisión polos delitos de corrupción, branqueo de capitais e asociación criminal. En maio de 2016, o xuíz Sergio Moro rexeitou outra denuncia contra el, por falta de probas, na que se lle acusaba de pagar subornos para evitar ser citado ante o CPI de Petrobras.

En novembro de 2016, o Tribunal Supremo Federal mantivo a prisión preventiva de Marcelo Odebrecht, rexeitando a petición de declaración presentada pola defensa do empresario. Pouco despois, o 1 de decembro de 2016, asinou un acordo de delación premiado xunto co seu pai Emílio Alves Odebrecht e comprometeuse a pagar, a través de Odebrecht (actual Novonor), 8.600 millóns de reais como indemnización por estar implicado en actos de corrupción.

O 5 de novembro de 2017, saíu á luz a presenza de Marcelo Odebretch, xunto co seu pai e o seu irmán, nos Paradise Papers.

O 19 de decembro de 2017, despois de dous anos e medio no cárcere, o empresario Marcelo Odebrecht saíu de prisión e comezou a cumprir a súa condena de arresto domiciliario. En abril de 2022, a súa condena foi reducida de 10 a 7 anos e medio polo maxistrado Edson Fachin. O 28 de abril de 2023, completou a súa condena despois da realización de traballos comunitarios.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados en Salvador, Baía Categoría:Brasileiros de ascendencia alemá Categoría:Nados en 1968 Categoría:Empresarios da construción Categoría:Empresarios do Brasil Categoría:Alumnos da Universidade Federal da Bahia Categoría:Enxeñeiros do Brasil Categoría:Criminais Categoría:Corrupción