miniatura|250px|Home nahua no Códice Florentino. As cintas vermellas indican fala ou canción. A lingua náhuatl (que deriva de nāwatl; ), nāwa, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos.
O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana. Durante os séculos anteriores á conquista española e tlaxcalteca do Imperio Azteca, os aztecas expandíronse ata incorporar gran parte do centro de México. A súa influencia fixo que a variedade de náhuatl falada polos residentes de Tenochtitlán se convertese na lingua de prestixio en Mesoamérica.
Despois da conquista, cando os colonos e misioneiros españois introduciron o alfabeto latino, o náhuatl converteuse tamén nunha lingua literaria. Durante os séculos XVI e XVII escribíronse nesta lingua moitas crónicas, gramáticas, obras de poesía, documentos administrativos e códices. Esta primeira lingua literaria escrita na variedade de Tenochtitlán foi etiquetada como náhuatl clásico. Está entre as linguas indíxenas de América máis estudadas e mellor documentadas.
No presente, as linguas nahuas fálanse en comunidades dispersas, sobre todo nas zonas rurais do centro de México e ao longo da costa. Hai un número menor de falantes nas comunidades de inmigrantes dos Estados Unidos. Existen diferenzas considerables entre as variedades, e algunhas non son mutuamente intelixibles. A lingua náhuatl da Huasteca, con máis dun millón de falantes, é a variedade máis falada. Todas as variedades estiveron suxeitas a diferentes graos de influencia do castelán. Ningunha lingua nahua moderna é idéntica ao náhuatl clásico, pero as que se falan no val de México e arredores están xeralmente máis relacionadas con el ca as da periferia. Segundo a Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas de México, promulgada en 2003,. o náhuatl e outras 63 linguas de México están recoñecidas como linguas nacionais na rexión onde se falan. Conferíuselles o mesmo status ca o castelán nas súas respectivas rexións.Polo disposto no artigo IV: "As linguas indíxenas... e o castelán son linguas nacionais... e teñen a mesma vixencia no seu territorio, localización e contexto no que se falan".
As linguas nahuas presentan unha morfoloxía, ou sistema de formación de palabras complexa, caracterizada pola polisíntese e a aglutinación. Isto quere dicir que os morfemas, palabras ou anacos de palabras que conteñen cada un o seu propio significado separado, adoitan enlazarse para formar palabras complexas máis longas.
A través dun longo período de desenvolvemento xunto a outras linguas mesoamericanas indíxenas, absorberon moitas influencias, chegando a formar parte da área lingüística mesoamericana. Moitas palabras do náhuatl foron absorbidas polo castelán e, a partir de aí, difundíronse a outras linguas do mundo. A maioría destes préstamos son conceptos indíxenas do centro de México, que os españois escoitaron mencionar por primeira vez polos seus nomes náhuatl. O galego tamén absorbeu palabras de orixe náhuatl, incluíndo aguacate, caiota, chile, chipotle, chocolate, , coiote, peiote, axolote e tomate. Estas, e outras moitas palabras, foron adoptadas en ducias de linguas en todo o mundo. Os nomes de varios países, México, Guatemala e Nicaragua, derivan do náhuatl.
Clasificación
alt=Árbore xenealóxica do náhuatl|esquerda|miniatura|Árbore xenealóxica das relacións entre as linguas nahuas e o resto de linguas uto-aztecas, basándose na clasificación ofrecida por Terrence. Como etiqueta lingüística, o termo náhuatl abrangue un grupo de linguas estreitamente relacionadas ou dialectos diverxentes dentro da póla nahua da familia de linguas uto-aztecas. O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas mexicano recoñece 30 variedades individuais dentro do "grupo lingüístico" denominado náhuatl. Ethnologue recoñece 28 variedades con códigos ISO separados. Ás veces, o termo náhuatl tamén se aplica á lingua pipil (nawat) do Salvador e Nicaragua. Independentemente da consideración do náhuatl como un continuo dialectal ou un grupo de linguas separadas, as variedades forman unha única rama dentro da familia uto-azteca, descendente dunha única lingua protonahua. Dentro de México, a cuestión de considerar as variedades individuais como linguas ou dialectos dunha única lingua é moi política.
No pasado, a rama da familia uto-azteca á que pertence o náhuatl chamábase azteca. A partir da década de 1990, a designación alternativa nahua utilizouse con frecuencia no seu canto, especialmente nas publicacións en lingua castelá. Está amplamente aceptado que a póla nahua (azteca) das linguas uto-aztecas ten dúas divisións: azteca xeral e pochuteca., , ,
O azteca xeral engloba as linguas náhuatl e o pipil."Azteca xeral é un termo amplamente aceptado que se refire ao estado común máis superficial, reconstruído para todas as variedades náhuatl actuais; non inclúe o dialecto pochuteca ." O pochuteca é unha lingua pouco testemuñada, que se extinguiu no século XX, e que Campbell e Langacker clasifican como fóra do azteca xeral. Outros investigadores argumentaron que o pochuteca debería considerarse unha variante diverxente da periferia occidental.,
O termo náhuatl refírese cando menos ao náhuatl clásico, xunto coas linguas modernas relacionadas que se falan en México. A inclusión do pipil neste grupo é obxecto de debate entre os lingüistas. Lyle clasifica o pipil como unha lingua separada do grupo náhuatl dentro do grupo azteca, mentres que dialectólogos como Una Canger, Karen Dakin, Yolanda Lastra e Terrence Kaufman preferiron incluír o pipil dentro da póla azteca xeral, citando estreitos lazos históricos cos dialectos periféricos orientais do azteca xeral.,
A subclasificación actual do náhuatl baséase na investigación realizada por , e . Canger introduciu o esquema dunha agrupación central e dous grupos periféricos, e Lastra confirmou esta noción, diferenciándose nalgúns detalles. demostrou unha división básica entre as pólas orientais e occidentais das linguas nahuas, considerada como a división máis antiga da comunidade de fala protonahua. Canger considerou orixinalmente que a área dialectal central era unha subárea innovadora dentro da póla occidental, mais en 2011, suxeriu que xurdiu como unha lingua koiné urbana con características tanto das áreas dialectais occidentais como orientais. incluíu provisionalmente os dialectos da Huasteca no grupo central, mentres que sitúaos na periferia oriental, o cal foi apoiado por .
Terminoloxía A terminoloxía utilizada para describir as variedades da lingua aplícase de maneira inconsistente. Úsanse moitos termos con múltiples denotacións, ou unha soa agrupación de dialectos é identificada con varios nomes. Ás veces, as palabras máis antigas substituénse por outras novas, ou co propio nome dos falantes para a súa variedade específica. A palabra "náhuatl" é, en si mesma, unha palabra náhuatl, probablemente derivada de , que significa "son agradable". Os lingüistas adoitan identificar os dialectos locais do idioma engadindo como cualificativo o nome da rexión onde se fala esa variedade. A lingua chamábase antigamente azteca porque era falada polos pobos do centro mexicano coñecidos como aztecas (). Durante o período do Imperio Azteca centrado en México-Tenochtitlán, a lingua pasou a identificarse coa lingua politicamente dominante dos e, en consecuencia, a lingua náhuatl foi descrita a miúdo como (literalmente 'ao xeito dos mexicas') ou mēxihkatlahtolli 'lingua mexica'. No presente, o termo azteca úsase raramente para as linguas nahuas modernas, pero o nome tradicional azteca dos lingüistas para a póla da familia uto-azteca que comprende o náhuatl, o pipil e o pochuteca aínda está en uso (aínda que algúns dos lingüistas prefiren o termo nahua). Dende 1978, os lingüistas adoptaron o termo azteca xeral para referirse ás linguas da póla azteca excluíndo a lingua pochuteca.
Os propios falantes de náhuatl adoitan referirse á súa lingua como mexicano ou algunha palabra derivada de māsēwalli, a palabra náhuatl para "plebeo". Un exemplo disto é o náhuatl que se fala en Tetelcingo, Morelos, cuxos falantes chaman á súa lingua . O pobo pipil do Salvador non chaman á súa lingua pipil, como si fan os lingüistas, senón . Os nahuas de Durango chaman á súa lingua mexicanero. Os falantes do náhuatl do Istmo de Tehuantepec chaman á súa lingua ('a lingua recta'). Algunhas comunidades lingüísticas usan o termo náhuatl como nome da súa lingua, aínda que parece ser unha innovación recente. Os lingüistas adoitan identificar os dialectos localizados do náhuatl engadindo como cualificativo o nome da aldea ou zona onde se fala esa variedade.
Historia
Período precolombiano Sobre a cuestión da orixe xeográfica, o consenso dos lingüistas durante o século XX foi que a familia lingüística uto-azteca se orixinou no suroeste do que hoxe son os Estados Unidos., A evidencia da arqueoloxía e a etnohistoria apoia a tese dunha difusión cara ao sur polo continente norteamericano, en concreto a teoría de que os falantes das primeiras linguas nahuas migraron dende Aridoamérica ao centro de México en varias ondas. Porén, esta teoría tradicional foi cuestionada por Jane H. Hill, que propón en troques que a familia de linguas uto-aztecas se orixinou no centro de México e se estendeu cara ao norte moi cedo. Esta hipótese e as análises de datos nos que se apoia recibiron grandes críticas.
A proposta da migración dos falantes da lingua protonahua á rexión mesoamericana situouse nalgún momento arredor do ano 500 d. C., cara ao final do período clásico temperán na cronoloxía de Mesoamérica. Antes de chegar á meseta mexicana, os grupos prenahuas probablemente pasaron un período en contacto coas linguas corachol (cora e huichol) do noroeste de México (que tamén son uto-aztecas).
O principal centro político e cultural de Mesoamérica no período Clásico temperán foi Teotihuacán. A identidade da(s) lingua(s) falada(s) polos fundadores de Teotihuacán foi debatida durante moito tempo, sendo a relación do náhuatl con Teotihuacan un lugar destacado nesa investigación.; Mentres que nos séculos XIX e comezos do XX se presumía que Teotihuacán fora fundada por falantes de náhuatl, as investigacións lingüísticas e arqueolóxicas posteriores tenden a desmentir esta visión. Pola contra, o momento do influxo náhuatl crese que cadrou máis coa caída de Teotihuacán que co seu ascenso, e outros candidatos como as linguas totonacas identificáronse como máis probables., ; Porén, a evidencia máis recente da epigrafía maia de posibles préstamos náhuatl en linguas maias interpretouse como unha proba de que outras linguas mesoamericanas puideron estar tomando palabras prestadas do protonahua (ou dos seus primeiros descendentes) significativamente antes do que se pensaba, reforzando o posibilidade dunha importante presenza náhuatl en Teotihuacán., , , ,