dereita|miniatura|Escolas Jesús García Naveira. As Escolas Jesús García Naveira son un centro educativo situado en Betanzos, inaugurado en 1917.

Características

Jesús García Naveira deixou establecidas varias doazóns a través dun legado ológrafo outorgado en 1911, entre elas a de 50.000 pesetas para a creación dunhas escolas co seu nome, a cambio de que o Concello de Betanzos doase os terreos necesarios. Tras varios debates, acabou establecéndose a obra nas inmediacións da igrexa de San Francisco, onde continua funcionando como escola municipal infantil.

O edificio, de estilo ecléctico, foi deseñado polo arquitecto Rafael González Villar, tomando como inspiracións elementos habituais das súas obras e tamén a reminiscencia do desaparecido convento de San Francisco. Estaba composto unicamente por dúas aulas, unha para nenos e outra para nenas. Notas

Véxase tamén Bibliografia

Categoría:Betanzos Categoría:Institucións de ensino de Galicia