O Bristol Glider foi un dos primeiros planadores británicos biplanos deseñado na década de 1910 por George Challenger e construído pola British & Colonial Airplane Company no aeródromo de Filton, Bristol.Barnes 1988, p. 54
Challenger era o enxeñeiro xefe da British & Colonial Aeroplane Company e deseñou o planador para Sir George White, o fundador da compañía. White fixo construír o planeador para regalarllo ao Bristol and West of England Aero Club despois de que fose elixido presidente do club en outubro de 1910.
Challenger deseñara anteriormente o Bristol Boxkite, fortemente influenciado polos avións de Henri Farman, e o Glider seguiu o mesmo esquema.Goodall e Tagg pp.55-6 Tiña un plano anterior moi por diante das ás, montado sobre barras de madeira con arame, que tamén levaban o tren de aterraxe formado por un par de longos patíns que levaban pequenas rodas. Catro barras, que se elevaban e acababan xuntándose, levaban un único plano de cola en lugar do par usado polo Boxkite. O plano anterior e o plano de cola movíanse xuntos para controlar o cabeceo. Un pequeno par de temóns estaba montado entre as barras preto da cola. O control lateral realizábase mediante aleróns instalados na á superior.
O Glider voou por primeira vez dende a pista de Keynsham o 17 de decembro de 1910, pilotado por Challenger. Foi remolcado manualmente e recuperado costa arriba usando unha carretilla de dúas rodas. Resultou danado en febreiro de 1911 e reparouse, pero tivo un accidente máis serio o 4 de setembro dese ano que custou 30 libras en reparacións. O Glider sobreviviu ata 1912 pero o seu destino final é descoñecido. O Glider deseñouse para ter un motor de 30 cabalos pero este nunca se instalou.
Especificacións Datos de Bristol Aircraft since 1910
Características xerais
Tripulación: 3 Lonxitude: 10,32 m Envergadura: 9,86 m Altura: 2,03 m
Notas
Bibliografía
Categoría:Aeronaves de Bristol Aeroplane Company Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1910