A PO-402 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Oleiros (Salvaterra de Miño) e San Martiño de Vilasobroso (Mondariz); atravesa os concellos de Salvaterra de Miño, As Neves, Ponteareas e Mondariz. Ten unha lonxitude de 18,71 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-510 en Oleiros (Salvaterra de Miño) e finaliza nun cruzamento coa N-120 en San Martiño (Mondariz).

Notas

Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Salvaterra de Miño Categoría:As Neves Categoría:Ponteareas Categoría:Mondariz Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes