Carmen Guillén Lorente, nada en Mazarrón, Murcia en 1988, é doutora en historia contemporánea española.

Traxectoria Desde moi nova tivo unha dobre vocación; a historia e a medicina. Por motivos persoais e familiares inicialmente orientou os seus estudos cara a medicina. Se diplomó en Óptica e Optometría na Universidade de Murcia (UMU) e é profesora asociada á Área de Historia da Ciencia, no departamento de Ciencias Médicas.

Posteriormente e na mesma universidade, licenciouse en Historia e realizou un mestrado en Historia Social Comparada. É doutora en historia contemporánea pola UMU, onde presentou a súa tese de doutoramento, que obtivo a cualificación cum laudeː El Patronato de Protección de la Mujer: prostitución, moral e intervención estatal durante el franquismo (2018), cunha finalidade dobreː “por unha banda, destacar a importancia do Padroádego de Protección da Muller na sociedade franquista como elemento clave na construción do comportamento moral feminino e, por outra, elaborar un estudo sobre a prostitución durante o franquismo, poñendo de manifesto a represión sexual que sofren as mulleres nesa etapa e influíndo nas considerables diferenzas coa sexualidade masculina". Imparte clases no Grao en Medicina e no mestrado en Educación e Museos. Patrimonio, Identidade e Mediación Cultural, na Universidade de Castela-A Mancha, onde iniciou a súa carreira investigadora.

Nun contexto amplo, a súa principal área de interese é a historia social e o impacto que ten nas persoas. A represión feminina durante o franquismo e a análise das diferentes culturas do erotismo durante o primeiro terzo do século xx español son dous dos seus campos de investigación.

Guillén tiña o propósito de escribir a súa tese de doutoramento sobre a prostitución durante o franquismo, pero tivo grandes dificultades para obter fontes documentais. Nesta procura de documentación atopouse varias veces co Padroádego de Protección da Muller, institución que descoñecía e cara á que centrou a súa investigación, cambiando o obxecto de estudo inicial.

O Padroádego de Protección da Muller Aínda que o franquismo foi moi burocrático, cando Guillén empezou a indagar sobre as fontes que lle facilitasen información sobre o padroado, resultoulle moi difícil acceder a elas. Debido a que a estrutura do padroado, ademais dunha xunta nacional, articulábase con varias xuntas provinciais e non existía un arquivo único con toda a documentación recompilada nun lugar. Isto supuxo unha dificultade engadida en tempo e traballo até conseguir os documentos necesarios para realizar a súa investigación.

Finalmente, localizou un arquivo da Consellería de Seguridade Social, onde se comprobou a existencia de máis de mil caixas nas que se atopaban expedientes, informes e outros documentos pertencentes o padroádego, pero a maioría delas perdéronse, quedando só unha trintena. Tamén hai que mencionar que debido á lei de protección de datos, o acceso a determinados documentos foi restrinxido. Os arquivos das xuntas provinciais de Sevilla e Segovia foron as principais fontes documentais da súa tese.

O Padroado de Protección á Muller foi unha das institucións máis lonxevas e represivas do franquismo e tamén das máis descoñecidas. Aínda que xa existiu durante uns anos a principios do século xx, o franquismo recuperouno e puxo en funcionamento no ano 1941 e non foi até o ano 1984, xa en democracia cando finalizou definitivamente. Como explica Guillén, o seu obxectivo era "redimir á muller caída e á que está en perigo de caer".

Á fronte da xunta directiva estivo o ministro de xustiza, pero presidida de xeito honorífico por Carmen Polo. A súa estrutura piramidal estaba formada por unha xunta nacional e varias xuntas provinciais. Os edificios, que eran como reformatorios, estaban dirixidos por ordes relixiosas, na súa maioría oblatas e adoratrices.

As mozas entraban no padroádego fundamentalmente por dúas vías: pola actuación policial por cuestións morais, ou por iniciativa das súas propias familias, coa convicción de que era o mellor para elas. A estadía media no centro foi de 6 meses a 2 anos, con chegadas e saídas ao longo dese tempo. Vivían nun réxime carcerario e privadas da súa liberdade. A represión e o adoutrinamento moral foron a tendencia constante, co obxectivo de establecer o pensamento ideal franquista para as mulleres: a submisión e a abnegación. Horas de oración, traballo doméstico e silencio foron as actividades que se impuxeron para acadar o obxectivo e a “redención” das mulleres presas.

Para Carmen Guillén, a creación do padroado respondeu á visión tradicional da ditadura franquista respecto das mulleres, ás que considerou como únicas receptoras da súa lexislación sobre a moralidade. A investigadora sinala como porén non se considerou necesario crear un padroado de protección ao home, para vixiar o seu correcto comportamento moral e que tampouco existiron sancións para os clientes da prostitución.

Selección de investigación Entre os principais proxectos subvencionados nos que participou, co catedrático de antropoloxía da UMU Klaus Schriewer, se encuentranː

2019-2022ː Aspectos culturales de la integración europea (ACIE). Módulo Jean Monnet. Education Audiovisual and Culture Executive Agency. Comunidade Europea. 2017-2020ː Historia cultural del Cementerio de Nuestro Padre Jesús. Concello de Murcia e Sociedade Murciana de Antropoloxía. 2016-2018ː Cultures of Securityː New Challenges for Europe. Módulo Jean Monnet. Education Audiovisual and Culture Agency. Comunidade Europea.

Co investigador Salvador Cayuelaː

2020-2023ː Memoria y Experiencia de las Víctimas del Terrorismo para una mayor visibilidad en Europa (MEVIT), en el marco del Programa Erasmus+, na Convocatoria de Propostas 2020. Unión Europea.

Entre os seus últimos temas de investigación atópase as enfermidades como construción social.

Premios e recoñecementos 2023ː IV Premios Científicas Mozas. 2020ː Premio a mellor tese de doutoramenteo outorgado pola Unidade para a igualdade entre mulleres e homes da UMU.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Padroádego de Protección á Muller

Bibliografía

Ligazóns externas La gran represión: sexualidad(es) en el franquismo - Carmen Guillén Lorente. Pint of Science 2023

Categoría:Alumnos da Universidade de Murcia Categoría:Historiadores de España Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Murcia