A Medalla da Folga de Fame é unha medalla de prata que estivo vixente entre agosto de 1909 e 1914,Crawford, E. (2006). Páxina 306. concedida pola dirección da Unión Social e Política das Mulleres (WSPU) a mulleres sufraxistas presas que se declararon en folga de fame mentres cumprían condena nas prisións do Reino Unido por actos de militancia na súa campaña a favor do sufraxio feminino. Moitas destas mulleres foron alimentadas á forza e as súas medallas individuais reflicten ese feito cun distintivo."Six things about you should know about the Suffragette hunger strikes". Museumoflondon.org.uh).
Historia
Antecedentes e contexto miniatura|esquerda|Sufraxistas en folga de fame en 1909.|240x240px
O 5 de xullo de 1909, a artista e sufraxista escocesa Marion Wallace Dunlop iniciou unha folga de fame na prisión de Holloway. Dunlop fora condenada a un mes de prisión por facer un graffiti cun fragmento da Declaración de Dereitos de 1689 na parede da Cámara dos Comúns.Mayhall, L. E. N. (2003). Páxina 3. As autoridades penitenciarias considerábana unha presa criminal, en tanto que ela se consideraba como unha presa política e comezou a súa folga en mostra de obxección a esta clasificación. A súa folga durou 91 horas, e só terminou porque a prisión a liberou para evitar a súa morte.
Aínda que esta primeira iniciativa de folga de fame foi unha idea autónoma de Wallace Dunlop e que o fixo sen informar a dirección da WSPU, moitas outras mulleres en condición similar fixeron súa a reivindicación e comezaron tamén as súas respectivas folgas de fame.
A creación da medalla Así as cousas, a dirección da Unión Social e Política de Mulleres decidiu instituír unha serie de medallas de campaña de estilo militar para elevar a moral e fomentar a lealdade e o compromiso continuos coa causa do sufraxismo feminino.
A Medalla da Folga de Fame foi entregada por primeira vez pola dirección da WSPU nunha cerimonia que tivo lugar a principios de agosto de 1909 en St. Jame's Hall,Crawford, E. (2003). Páxina 306. de mans de Pethick-Lawrence; a súa receptora foi Mary Allen.Crawford, E. (2003). Páxina 9. Máis tarde, as medallas entregaríanse nun almorzo de recepción á saída do cárcere.
Caracterización miniatura|326x326px|Medalla concedida a Elsie Duval's (1912) , con dúas bandas esmaltadas por senllas alimentacións forzadas. As medallas son de prata e de forma redonda, e colgan dunha fita coas cores púrpura, branca e verde características da WSPU. Esta fita está prendida nun pasador tamén de prata que porta a inscrición FOR VALOUR ("Por valor"), imitando a inscrición da Cruz Vitoria, a máis presitixiosa das condecoracións británicas. No anverso da medalla figura a lenda HUNGER STRIKE ("Folga de fame"), en tanto que no reverso aparece gravado o nome da perceptora, rodeado por unha coroa de loureiro.Crawford, E. (2003). Páxina 306.Grant, K. (2019). Páxina 59.
As medallas foron deseñadas por Sylvia Pankhurst, e fabricadas pola compañía Toye & Co. A súa produción custoulle á WSPU unha libra esterlina por unidade."Collecting Suffrage: The Hunger Strike Medal". Womanandhersphere.comCrawford, E. (2003). Páxina 307.
As barras de prata dispostas na fita da medalla outorgábanse polos respectivos períodos de folga de fame levados a cabo e levaban gravada no reverso a data do arresto da receptora e da súa declaración en folga de fame. Pola súa banda, as barras esmaltadas de cores púrpura, branca e verde representaban as veces que a perceptora fora sometida a alimentación forzosa, e tamén portaban as referidas datas no seu reverso. A modo de exemplo, na barra da medalla concedida á escultora Edith Downing está gravada a inscrición "Fed by Force 1/3/12", así como a data en que foi encadeada, o que posteriormente conduciu á súa folga de fame e alimentación forzada.
Presentación miniatura|Estoxo coa medalla da Folga da Fame concedida a Georgina Fanny Cheffins.|240x240px
As medallas de folga de fame presentábanse nun estoxo de cor morada e cun forro interior de veludo verde. Pola parte interrna da tapa inseríase unha peza de seda branca co nome da muller galardoada impreso en ouro e coa seguinte dedicatoria:
Exemplares conservados O Museo de Londres conserva a medalla concedida á líder sufraxista Emmeline Pankhurst, que se declarou en folga de fame durante unha condena de dous meses de prisión en 1912 por guindar unha pedra a unha fiestra da residencia do primeiro ministro, no número 10 de Downing Street.
A medalla outorgada a Helen MacRae, no seu estoxo orixinal, foi vendida nunha poxa pública levada a cabo pola compañía Lockdales Auctioneeren en 2015, na que se lle adxudicou a un coleccionista privado por 12.300 libras."Helen MacRae Suffragette gallantry medal auctioned". BBC News (BBC.com). 21 March 2015. O director daquela poxa, James Sadler, dixo: "Estes son dos artigos historicamente máis salientables cos que tratamos"."Suffragette memorabilia - separating the fact from the fiction". Antique-Collecting.co.uk. 8 de outubro de 2015.
miniatura|Medalla de Helen MacRae, poxada por Lockdales Auctioneers en 2015. |347x347px
En 2019 vendeuse tamén nunha poxa, por 12.500 libras, a medalla achada nun caixón que lle fora concedida á sufraxista Elsie Wolff Van Sandau, quen fora arrestada por romper unha fiestra en Covent Garden o 4 de marzo de 1912 e que fixo folga de fame en prisión."Suffragette's hunger strike medal found after 100 years". En BBC News (BBC.com). 30 de maio de 2019."Suffragette’s hunger strike medal sells for thousands". Hansonsauctioneers.co.uk. 27 de xuño de 2019.
A medalla pertencente á sufraxista Selina Martin, poxada en Nottingham en 2019, que se estimaba que chegase a alcanzar entre 15.000 e 20.000 libras,Whitfield, D. (2019). "Rare suffragette medal is expected to fetch over £15,000 at auction". Nottinghampost.com. 22 de febreiro. foi adquirida finalmente pola Galería Nacional de Victoria, Australia, por 27.000 libras."Selina Martin Suffragette Hunter Strike Medal". En The E-Sylum. Vol. 22. Nº 13. Marzo de 2019. Outro museo, o Te Papa Tongarewa, de Wellington, Nova Zelandia, comprou a medalla de Frances Parker en 2016,Thomas, R. (2016). "Te Papa buys rare bravery medal awarded to suffrage activist Frances Parker". En Stuff.co.nz. 26 de febreiro."Who was Frances Parker?". Museum of New Zealand Te Papa Tongarewa (Tepapa.govt.nz). 2016. e a Old Parliament House australiana conserva a medalla concedida a Charlotte Blacklock."WSPU Hunger Strike Medal". Museum of Australian Democracy at Old Parliament House (moadoph.gov.au).
A medalla concedida a Kate Williams Evans foi adxudicada nunha poxa en 2018 por 48.640 libras, e posteriormente pasou a formar parte da colección do Museo Nacional do País de Gales."Suffragette hunger strike medal archive sold for Catherine Southon house record to National Museum Wales". En Antiques Trade Gazette. 26 de xullo de 2018.
Pola súa banda, a medalla correspondente a Rosamund Massy está soterrada dentro do plinto da estatua de Emmeline Pankhurst en Victoria Tower Gardens, Londres, desde a erección deste monumento en 1930.Crawford, E. (2003). Páxinas 306, 391.
En setembro de 2023, a Biblioteca de Mulleres de Glasgow decidiu comprar a medalla de Maud Joachim, xa que fora concedida pola primeira folga de fame da WSPU en Escocia.Maud, J. (2023). "Glasgow Women's Library appeals for help to buy suffragette medal". En The Guardian. 22 de setembro. A campaña de recadación de diñeiro acadou un grande éxito e a medalla pasou a estar na biblioteca en outubro dese mesmo ano."Maud Joachim's Hunger Strike Medal comes to GWL". Glasgow Women's Library. 19 de outubro. de 2023.
Receptoras da medalla Aínda que non hai un rexistro exhaustivo das medallas concedidas, en abril de 2024 o número de concesións documentadas era de 95. Non é descartable que poidan coñecerse novas medallas en calquera momento, xa que polo menos 60 mulleres cumpriron os requisitos para tal recoñecemento durante as datas en que a medalla estivo vixente."Roll of Honour of Suffragette Prisoners 1905-1914". The National Archives (Nationalarchives.gov.uk).
Nesta listaxe amósanse os nomes das sufraxistas receptoras da Medalla da Folga de Fame e, no caso de se coñeceren, tamén as datas da súa concesión: miniatura|250x250px|Theresa Garnett coa súa Medalla da Folga de Fame no peito."Suffragette Theresa Garnett 1909". Bathintime.co.uk miniatura|Janie Terrero coa súa medalla.Goggin, M. D.; Tobin, B. F. (ed.) (2016). Women and Things 1750-1950: Gendered Material Strategies. Routledge, Londres. Páxina 35. ISBN 9780754665502|225x225px miniatura|Emily Davison coa súa medalla."Picture No 10034567". Mary Evans Picture Library.|284x284px
Mary Ann Aldham."Suffragette's medal sold at record price". ITV. com. 14 de setembro de 2015. Mary Sophia Allen (?-08-1909). Laura Ainsworth.Atkinson, D. (1992). Páxina 37. Helen Archdale (19-10-1909)."Mrs Helen A. Archdale". En TheDinnerPuzzle. com. 8 de xuño de 2018. Charlotte Blacklock. Violet Bland.Crawford, E. (2003). Páxinas 62-63. Myra Sadd Brown."Medal - Suffragette Medal (Hunger Strike), Awarded to Myra Eleanor Sadd Brown, Great Britain, 1912". Museums Victoria Collections. Constance Bryer.Crawford, E. (2003). Páxinas 86-87. Evaline Hilda Burkitt.Hall. L. "Hilda Burkitt | The Face of Suffrage". ThePeoplesPicture.com. Lucy Burns.Twomey, L. The Story of Lucy Burns .Leneman, L. (1995). Leila Gertrude Garcias de Cadiz."Suffragette Medal". Bonhams.com Kate E. Teresa Cardro.The Suffragette Handkerchief at the Priest House, West Hoatly. Páxina 4. Mabel Capper (30-07-1909)."BBC - A History of the World - Object: WSPU hunger strike force feeding medal". En BBC (www.bbc.co.uk). Eileen Mary Casey.Suffragettes Meet Again (1955). British Pathé (youtube.com/@britishpathe). Joan Cather (04-03-1912)."Hunger Strike Medal awarded to Joan Cather (1912)". British Museum (BritishMuseum.org). Grace Chappelow (04-09-1909)."Medal for valour, awarded to Grace Chappelow, with original box". National Gallery of Fictoria (NGV.vic.gov.au). Georgina Fanny Cheffins.Petrie, A. (2022). "The Suffragette". Writing Hythe History (Hythehistoryblog.wordpress.com). Leonora Cohen. Constance Collier."Women's Suffrage: Hunger Strike medallions". En Collectors Weekly (Collectorsweekly.com). Jessie Landale Cumberland (21-05-1914)."Lot: 32: Women's Social and Political Union". Woolley & Wallis.co.uk. 17 de maio de 2023. Alice Davies (04-03-1912)."Historic items in Leeds that chart the struggle for women's votes in 1918". En The Yorkshire Post. 6 de febreiro de 2018. Emily Davison. Violet Mary Doudney."Scarborough man tells mother's suffragette story". En The Scarborough. 6 de febreiro de 2018. Caroline Lowder Downing (1912).Porter, L. (2018). "Voice & Vote: Women’s Place in Parliament Exhibition at the Palace of Westminster". Londontopia.net. 29 de xuño."WSPU Hunger Strike Medal". UK Parliament (Parliament.uk). Edith Downing."Lot 266: Downing (Edith)". Bohams.com. 23 de marzo de 2022. Flora Drummond.Crawford, E. (2003). Páxina 310."Flora Drummond, 1879-1949. Suffragette". National Galleries of Scotland. Elsie Duval."The Suffragette Movement in the Local Area ". chertseymuseum.org. Norah Dacre Fox."Norah Dacre Fox (1878-1961)". Exploringsurreyspast.org.uk"London Suffragette Medal to sell at auction 20 April 2006". Spink.com Kate Williams Evans (04-03-1912)."Suffragette medal". National Museum Wales. Caprina Fahey (14-03-1914)."Call for public’s help to piece together life of Norfolk suffragette Caprina Fahey". En Eastern Daili Press. 2 de novembro de 2017. Theresa Garnett."Suffragette Theresa Garnett 1909". Bath In Time.co.ukAtkinson, D. (1992). Páxina 199. Ellison Scotland Gibb."The Gibb Family: Chess Players and Suffragettes". ChessScoltand.com Margaret Skirving Gibb. Nellie Godfrey."Medal awarded to Suffragette who threw a lump of iron at Churchill's car comes up at auction". En Antiques Trade Gazette.