Klamydia é unha banda finlandesa de punk rock formada en Vaasa en 1988.
Temas e recepción Se ben Klamydia nunca foi a banda favorita da crítica, si que se converteu nunha banda popular, en parte polos seus directos. En 2013 o seu álbum XXV alcanzou o número un na lista de álbums finlandeses, repetindo o éxito dos seus traballos anteriores: Rujoa taidetta (2009) e Loputon luokkaretki (2011). Con todo, a finais de 2013 a banda foi premiada polo xunta cultural da Asociación Ostrobotnia, que premia a entidades que promoven a cultura en lingua finesa en Ostrobotnia, pola súa longa e exitosa traxectoria, así como por lembrar nos seus concertos as súas orixes na reixón. En 2018, coincidindo co 30º aniversario de Klamydia, a banda vendera máis de 700 000 discos.
Se ben Klamydia ten composto moitas cancións serias e profundas, a banda fíxose especialmente coñecida polo seu humor. Nas súas letras falan de temas como o sexo ou o alcohol, aínda que tamén expresan a súa opinión sobre temas como a obrigatoriedade da lingua sueca ou a pederastia. En palabras de Jokinen, cando comezaron a tocar decidiron evitar o tema do amor nas súas letras.
Membros Membros actuais
Vesa ”Vesku” Jokinen – voz (1988–), guitarra (1988–1991) Jari ”Jakke”/”Shitsi” Helin – guitarra (1995–), baixo (1991–1995) Sami ”Severi” Kohtamäki – baixo (2000–) Pasi Helin – batería (2020–) Sami "Silttu" Sillanpää – guitarra (2024–)
Antigos membros Riku Purtola – batería (1990–2019) Arto ”Artsi” Laaksoharju – baixo (1988–1991) Toni ”Kape” Karppi (Pitkäsalo) – batería (1988–1990, no verán de 1989 Kape foi substituído por Purtola, Pitkäsalo regresou á banda na primavera de 1990 para facer unha xira con Purtola). Karppi escribiu letras durante moito tempo despois. Morreu en decembro de 2020.Klamydian alkuperäisrumpali on kuollut, Yle.fi, uutiset 31.12.2020, viitattu 31.12.2020 Marko ”Vuokko” Vuorimaa – guitarra (1991–1995) Hannu ”Hantta” Viinamäki – baixo (1995–2000)
Discografía Älpee, 1990 (versión en CD Ceedee) Los celibatos, 1991 Pää kiinni painajainen, 1992 Masturbaatio ilman käsiä, 1993 Tippurikvartetti, 1994 Siittiöt sotapolulla, 1995 Klamysutra, 1996 Tango delirium, 1997 Zulupohjalta, 1999 Klamytapit, 2001 Punktsipum, 2002 Urpojugend, 2004 Tyhmyyden ylistys, 2005 Klamydia, 2007 Rujoa taidetta, 2009 Loputon luokkaretki, 2011 XXV, 2013 Antisupersankarit, 2016 Aikuisilta kielletty, 2018 Hiljainen pöytä läheltä orkesteria, 2021 Mörkö koneistossa, 2025
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Grupos musicais de Finlandia Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1988