A LU-162 (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Ferreira (O Valadouro) e Cangas (Foz); atravesa os concellos do Valadouro e Foz. Ten unha lonxitude de 12,4 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-160 en Ferreira (O Valadouro) e finaliza nun cruzamento coa N-642 en Cangas (Foz).
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia de Lugo Categoría:O Valadouro Categoría:Foz