Ángel Pérez Rodríguez, nado en Santa Cruz da Retorta (Guntín) en 1996, é un político galego do PPdG.
Traxectoria Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade da Coruña. É árbitro da Real Federación Galega de Fútbol. Nas municipais de 2023 ocupou o número nove na candidatura do PPdeG á alcaldía de Guntín e foi elixido concelleiro. Logo da renuncia da alcaldesa María José Gómez Rodríguez, nomeada conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia en abril de 2024, o 16 de abril foi elixido alcalde de Guntín, converténdose no alcalde máis novo da provincia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Guntín
Categoría:Alcaldes de Guntín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Guntín
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes