Gallica é a biblioteca dixital da Biblioteca Nacional de Francia e das súas entidades asociadas. En libre acceso dende 1997, agrupa millóns de documentos, entre os que se inclúen libros en formato EPUB, xornais, revistas, imaxes, gravacións, manuscritos e vídeos, entre outros.

Características Cada documento de Gallica ten asociado un identificador numérico para a súa conservación a longo prazo, chamado Archival Resource Key (ARK). Todos os documentos contan cunha nota propia, que pode conter os seguintes descritores: +NomeDescriciónTítuloO título da obraEditorO editor da obraData de ediciónA data de publicación orixinal da obraAsuntoNomes e expresións clave para facer as procurasTipoO tipo de documentoFormato do orixinalO formato da obra orixinalFormato da versión dixitalO formato da obra dixitalizadaDereitosOs dereitos de uso da obraIdentificadorUn identificador estandarizado

Historia As primeiras dixitalizacións datan de 1992, como parte dun proxecto de creación de imaxes dixitais iniciado en 1990. O obxectivo fixado na época era dunhas 300.000 imaxes, coa idea de constituír unha colección multimedia, incluíndo arquivos de son, impresos e de imaxe. O servizo web de Gallica habilitouse o 10 de outubro de 1997.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Biblioteca Nacional de Francia