Tragovi é un filme croata de 2022 dirixido e coescrito por Dubravka Turic. Foi escollido como candidato de Croacia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Tras a morte do seu pai, a científica Ana loita contra unha crise de identidade, ao ser o último membro dunha familia outrora numerosa. Os cambios no seu interior reflíctense de súpeto na realidade -soidade, crise, emigración- e a súa investigación científica sobre os símbolos místicos e as pegadas humanas deixadas na pedra entrelázanse misteriosamente coa súa vida ata que recupera a confianza en si mesma.
Personaxes Marija Skaricic como Ana Niksa Butijer como Jozo Lana Baric como Vera Mate Gulin como Padre Tvrtko Juric como reporteiro de TV Dragan Micanovic como Andrija Tanja Smoje como Danci Marina Redzepovic como Lana Aleksandra Naumov como Mateja Barbara Nola como doutor
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Croacia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua croata Categoría:Filmes de Croacia Categoría:Filmes de Lituania Categoría:Filmes de Serbia