Xoscelino I, conde de Edesa, nado en Courtenay, Loiret, reino de Francia, e finado en 1131, foi un nobre franco da Casa de Courtenay que gobernou como señor de Turbessel, príncipe de Galilea (1112-1119) e conde de Edesa (1118-1131). O condado de Edesa alcanzou o cénit durante o seu goberno. Foi un dirixente belicoso e, malia ser capturado en dúas ocasións, Xoscelino continuou expandindo o seu condado e, mesmo, participou na batalla de Azaz en 1125. Foi gravemente ferido durante o colapso dunha mina de zapadores, mais Xoscelino marchou co seu exército para aliviar a fortaleza asediada de Kaysun, e morreu pouco despois.
Traxectoria
Primeiros anos Xoscelino era o fillo segundón de Xoscelino I de Courtenay e Isabel, filla de Guido I de Montlhéry.La Monte 1942, pp. 100-101 Chegou a Terra Santa durante a Cruzada de 1101, e entrou primeiro ao servizo do seu curmán o conde Balduíno II de Edesa -a nai de Xoscelino era tía de Balduíno- quen o investiu co señorío de Turbessel.Runciman (2002), p. 47 Máis tarde Xoscelino serviu no exército de Estevo de Blois.
Campañas de saqueo Pronto comezou a participar en incursións na procura de botín. Así, en 1103, participou nas razzias de Bohemundo I de Antioquía, polas terras de Alepo nas que conquistaron a cidade de Muslimiye e impuxeron tributos aos musulmáns da zona.Runciman (2002), p. 48 Na primavera de 1104, arrebataron aos bizantinos a cidade de Marash, e continuaron os saqueos contra todo o territorio musulmán de Alepo. Pronto se decataron de que a cidade de Harran era a clave para poder continua-los ataques contra toda Mesopotamia e, mesmo, contra Mosul. Aproveitando a guerra civil no mundo musulmán, intentaron atacar a cidade e xuntaron as tropas coas de Balduíno e coas do arcebispo de Edesa, sumando case tódalas forzas dos francos do norte de Siria, descontando as gornicións das fortalezas e cidades propias, un total de tres mil cabaleiros e case dez mil de infantería.Runciman (2002), p. 50 Tras a batalla de Harran, a derrota dos francos foi total e Xoscelino e Balduíno foron capturados.Fink 1969, p. 389Runciman (2002), p. 51
Despois de pasar a mans de Ilghazi, gobernante de Mardin, Xoscelino foi rescatado por 20.000 dinares en 1107.Runciman 1951, p. 111.
En 1113, Xoscelino creara un estado semiautónomo ao redor de Turbessel ao oeste do Éufrates, onde a terra era moi fértil, mentres que o seu primo Balduíno controlaba o territorio ao leste do Éufrates ao redor da propia Edesa, practicamente despoboado, que foi continuamente acosado polos turcos selxúcidas. Ese ano, Balduíno desposuíuno de Turbessel,Runciman 1951, p. 124 mentres Xoscelino viaxara ao Reino de Xerusalén, onde foi nomeado príncipe de Galilea.MacEvitt 2008, p. 153 Condado esquerda|miniatura|Mapa dos estados cruzados no Próximo Oriente polo 1135. En 1118, o primo de Xoscelino, Balduíno II, sucedeu a Balduíno I como rei de Xerusalén. A pesar da súa antiga hostilidade, Xoscelino apoiou plenamente a Balduino II sobre a candidatura do irmán de Balduino I, o conde Eustaquio III de Boulogne,Runciman 1951, p. 143 polo que foi recompensado co condado de Edesa.Runciman 1951, p. 144
Xoscelino foi feito prisioneiro xunto con Waleran de Le Puiset en 1122 preto de Saruj por Belek Ghazi.Nicholson 1969, p. 418 Máis tarde, uniuse no cativerio en Kharput co rei Balduíno II, que fora capturado en abril de 1123.Nicholson 1969, p. 419 Foron rescatados por cincuenta soldados armenios contratados pola raíña Morfia de Melitene, que se disfrazaron de comerciantes e se infiltraron na fortaleza onde estaban gardados os prisioneiros.Runciman 1951, p. 163 Os armenios mataron aos gardas e liberaron aos reféns, Porén, o castelo pronto foi asediado por unha gran forza artúquidas e decidiuse que Xoscelino procurara axuda. Balduino quedou na fortaleza e despois dun tempo foi recuperada polos artúquidas.
Despois de regresar a Edesa Xoscelino puido ampliar o territorio do condado, e en 1125 participou na Batalla de Azaz, unha vitoria dos cruzados contra as forzas do atabeg de Mosul, que estaban dirixidas por Aq-Súnqur al-Bursuqí.MacEvitt 2019, p. 682 En 1131, durante o asedio dun pequeno castelo ao nordeste de Alepo, unha mina de zapadores derrubouse e Xoscelino resultou gravemente ferido.Elisseeff 1991, p. 380 Despois diso, recibiu a noticia de que o emir Gazi Gümüshtigin estaba asediando a cidade fortaleza de Kaysun. Cando o seu propio fillo, o futuro Xoscelino II, rexeitou atacar a Gazi, mandou que o seu propio exército marchase cara a Kaysun. Xoscelino foi transportado nunha liteira, e cando Gazi soubo que o exército de Xoscelino se achegaba, levantou o cerco e retirouse. Xoscelino gañou a súa batalla final e morreu pouco despois.
Matrimonio e descendencia Xoscelino casou cunha nobre armenia chamada Beatriz,Runciman 1951, p. 190 filla do príncipe Constantino I, señor de Armenia.Morton 2020, p. 86 Tiveron un fillo, Xoscelino II de Edesa mais, este, morreu en 1119.
En 1122, volveu casar con María, filla de Ricardo de Salerno e irmá de Roger, rexente do Principado de Antioquía, e tiveron unha filla, Estefanía.Runciman 1951, p. 126 Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Condado de Edesa Categoría:Finados en 1131