Aozora Bunko (; lit. "Biblioteca do ceo azul") é unha biblioteca dixital nipoa. A súa colección abarca varios miles de obras en lingua xaponesa, tanto de ficción como de non ficción. Céntrase en textos de dominio público ou en acceso libre.
Dende a súa fundación en 1997, Aozora Bunko compila e publica un catálogo virtual en constante evolución. En 2006, constituíuse como promotor de políticas públicas para protexer o seu catálogo en libre acceso.
Historia Aozora Bunko foi creada en 1997 para ofrecer un catálogo en libre acceso de obras literarias con dereitos de autoría expirados. O promotor do proxecto foi Michio Tomita (1952-2013), movido pola idea de que as persoas deben cooperar entre si.
No Xapón, Aozora Bunko considérase o equivalente do Proxecto Gutenberg. A meirande parte dos seus textos pertencen á tradición literaria do país, mais tamén inclúe algunhas traducións de literatura inglesa. Os recursos poden procurarse por categoría, autor ou título, e a plataforma ofrece apoio en detalle para o emprego da súa base de datos. Os arquivos poden descargarse en formato PDF ou lerse directamente en HTML.
Tras o pasamento de Tomita en 2013, creouse o Fondo para o futuro dos libros (), co obxectivo de axudar a financiar Aozora Bunko.
A data do 5 de xaneiro de 2019, Aozora Bunko conta con máis de 15.100 obras.
Promoción de políticas públicas dereita|miniatura|160x160px|Icona que ilustra a oposición de Aozora Bunko aos cambios na lexislación xaponesa de dereitos de autoría Aozora Bunko uniuse a outras organizacións para opoñerse a certos cambios na lexislación nipoa de dereitos de autoría. Neste sentido, a plataforma anima aos cidadáns xaponeses a comunicarse coa Oficina de Asuntos Culturais e mais cos membros da Dieta.
Xapón e outros países aceptaron os termos da Convención de Berna para a protección das obras literarias e artísticas, un acordo internacional de 1886 sobre política común en relación aos dereitos de autoría. Aozora Bunko defendeu a continuación do status legal, segundo o cal os devanditos dereitos esgotábanse no prazo mínimo establecido pola Convención de Berna (o período de vida do autor máis cincuenta anos), fronte á presión de diversos grupos.
Notas
Categoría:Literatura do Xapón