O Congreso de Viena foi unha conferencia entre embaixadores das grandes potencias europeas que tivo lugar na capital austríaca, entre o 1 de outubro de 1814 e o 9 de xuño de 1815, cuxa intención era a de restablecer as fronteiras de Europa tras a derrota de Napoleón I a primavera anterior, e reorganizar a forma e ideoloxía políticas do Antigo Réxime.
Os acordos tiveron vixencia nos territorios de Europa Central e do Leste até o final da primeira guerra mundial. Con todo, a paz conseguiuse mediante o estabelecemento do absolutismo. Viena converteuse no eixo central de Europa Occidental durante trinta anos grazas a este congreso.
Foi convocado polo emperador de Austria Francisco I, dicindo este ao final do congreso que a nova Europa era a Europa da Restauración. A pesar das medidas que se concertaron para manter baixo control os inimigos do Antigo Réxime, non se puido evitar a difusión das ideas liberais que provocaron as revolucións de 1830 e 1848.
Do Congreso xurdiu a Santa Alianza, formada por Austria, Prusia e Rusia, que dicían procurar os bens dunha mesma relixión, malia que estes tres non compartían crenzas. Logo formaríase o que se coñecería como a cuádrupla alianza, formada por Gran Bretaña, Prusia, Rusia, e Austria.
Participantes Houbo dous protagonistas destacados. Dunha banda Klemens von Metternich, que malia presidir a conferencia e ser un mediador entre todas as nacións integradas no congreso, buscaba principalmente territorio para o seu país natal, Austria. Doutra banda Charles Maurice de Talleyrand, que actuaba en representación de Lois XVIII, e que conseguiu varios éxitos para Francia a pesar da derrota.
O tsar Alexandre I de Rusia tivo un papel clave no Congreso, acompañado polos seus conselleiros Karl Nesselrode e o conde Andrey Razumovsky, co obxectivo de unificar os Estados alemáns e implantar un réxime constitucional en Polonia.
Estiveron presentes tamén Francisco I de Habsburgo e Federico Guillerme III de Prusia (acompañado de Hardenberg e Humboldt), xunto con representantes do Reino Unido, primeiro Lord Castlereagh e despois o Duque de Wellington (quen tivo que saír ao auxilio de Europa cando Napoleón escapou da illa de Elba mentres se estaba celebrando o congreso en 1815) e antigos aliados de Napoleón, como os reis de Saxonia e de Dinamarca. Tamén houbo españois (Pedro Gómez Labrador), portugueses (Pedro de Sousa Holstein, Conde de Palmela; António Saldanha da Gama; Joaquim Lobo da Silveira), Estados xermánicos (Hannover, Baviera e Württemberg), eslavos, nórdicos (Suecia) e enviados dos Estados Pontificios. Todos coincidiron en estar unidos e permanecer vixiantes contra os liberais, os republicanos e os ateos.
No tempo que durou o congreso, os participantes estiveron por Viena en residencias palacianas, dando paseos por parques e bosques. Todo estes lugares foron escenarios de lecer, banquetes e bailes; destes feitos naceu a frase do príncipe de Ligne: Le Congrés ne marche pas, il danse, e chegábanse a xuntar até máis de 2.000 cabalos e outros tantos cans nas cazarías que celebraban. Unha destas actividades de lecer contou cun concerto dunha cantata de Beethoven titulada O momento glorioso.
Estados independentes tras o Congreso de Viena País Capital Imperio Austríaco 15px Viena 20px|bordo Reino de Baviera 15px Múnic 20px|bordo Reino de Sardeña 15px Turín 20px|bordo Reino das Dúas Sicilias 13px Nápoles 20px|bordo Reino de España 13px Madrid 15px|bordo Estados Pontificios 16px Roma 20px|bordo Reino de Francia 15px París 20px|bordo Reino de Hannover 15px Hannover Imperio Otomán Constantinopla 20px|bordo Reino Unido dos Países Baixos 15px Ámsterdan 20px|bordo Reino de Portugal 15px Lisboa bordo|20px Reino de Prusia 15px Berlín Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda 15px Londres Reino de Dinamarca 15px Copenhague Imperio Ruso 15px San Petersburgo Reino de Suecia 15px Estocolmo 20px|bordo Confederación Suíza 15px Berna 20px|bordo República de Cracovia 15px Cracovia
Cambios territoriais Como resultado das negociacións sostidas no Congreso tomáronse as seguintes decisións:
Francia perdeu todos os territorios conquistados. Prusia recibiu Prusia Occidental, Poznań, o norte de Saxonia e parte das provincias do Rin e de Westfalia. O Imperio Austríaco recuperou a maioría das zonas que perdera fronte a Napoleón e concedéronselle Tirol e Salzburgo, (Baviera), Lombardía e Véneto para compensar a perda dos Países Baixos austríacos e Dalmacia. Foi creada unha Confederación Xermánica de 39 estados, creada dos 309 anteriores, baixo a presidencia do Emperador Austríaco. Só as pequenas partes do territorio de Austria e Prusia foron incluídas na Confederación. Rusia viu o seu territorio ampliado cara ao oeste. Confirmou a súa posesión de Finlandia e de Besarabia, ademais da maior parte do Ducado de Varsovia. Noruega foi transferida de Dinamarca a Suecia. O Imperio Otomán concedería certa autonomía a Serbia, Montenegro, Valaquia e Moldova. Hannover conseguiu os antigos territorios do Bispo de Münster e Frisia oriental e pasou a ser un reino. A María Luisa, esposa de Napoleón, fóronlle outorgados Parma, Piacenza e Guastalla. Ratificouse a fundación do Reino Unido dos Países Baixos. O Reino de Sardeña recuperou o condado de Niza e Savoia e recibiu Xénova. A cidade de Cracovia e os seus arredores conformaron a República de Cracovia. Reino Unido anexionaouse Helgoland, Malta, as Illas Xónicas e outros territorios de ultramar.
Principios básicos Restauración do absolutismo. Acordouse restabelecer o poder absoluto dos soberanos. Lexitimismo monárquico. Devolveuse o trono ás monarquías tradicionais, consideradas únicas despositarias da lexitimidade política. Equilibrio internacional. Para evitar que unha potencia impuxese a súa hexemonía en Europa, coma pasara coa Francia napoleónica. Intervencionismo. As potencias asinantes arrogáronse o dereito de intervir militarmente naquel territorio que puxese en perigo os principios da Restauración. Para iso creáronse a Santa Alianza (Austria, Rusia e Prusia) e a Cuádrupla Alianza (á que se sumou o Reino Unido). Sistema de congresos. O congreso de Viena inaugurou unha nova concepción política exterior en Europa baseada na celebración de congresos para resolver os problemas internacionais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Acta do congreso de Viena.
Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Historia de Austria Categoría:Historia de Francia Categoría:Historia de Hungría Categoría:Historia dos Países Baixos Categoría:Historia de Rusia Categoría:Congresos