O Empalme de Arón é un lugar da parroquia de Montoxo no concello coruñés de Cedeira, na comarca de Ferrol.

Toponimia

O topónimo O Empalme de Arón ten dous elementos: O Empalme é un hodónimo que sinala un punto onde se unen dous camiños, e fai referencia ao lugar onde empatan a estrada que vai da vila de Cedeira ao Campo do Hospital (AC-566) coa CP-2201, que vai até Saa (Esteiro). Arón débese a que o lugar se sitúa a carón de Arón (San Román de Montoxo).

Lugares e parroquias Lugares de Montoxo

Parroquias de Cedeira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cedeira

Categoría:Lugares de Cedeira