2018 (en ) é un filme indio de 2023 rodado en lingua malaiala e dirixido por Jude Anthany Joseph, quen escribiu o guión xunto con Akhil P. Dharmajan. Foi producido por Venu Kunnappilly, C K Padmakumar e Anto Joseph baixo o selo de Kavya Film Company en colaboración con P K Prime Production Producers. É un filme de desastres baseado nos graves asolagamentos de 2018 que devastaron Kerala. Está protagonizado por Kunchacko Boban, Tovino Thomas, Asif Ali, Vineeth Sreenivasan, Narain e Lal.

Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Foi o cuarto filme en malaiala en ser escollido como candidato nos Óscar, logo de Guru, Adaminte Makan Abu e Jallikattu.

Personaxes

Kunchacko Boban como Shaji Punnoose Tovino Thomas como Anoop Asif Ali como Nixon Vineeth Sreenivasan como Rameshan Narain como Winston Lal como Mathachan Aparna Balamurali como Noora Tanvi Ram como Manju Sudheesh como Varghese Aju Varghese como condutor de taxi Jacob Koshy Kalaiyarasan como Sethupathi Harikrishnan como Alex Anamika Raj como Alina Sshivada como Serina Gauthami Nair como Anupama Siddique como pai de Noora Renji Panicker como pai de Anu Janardhanan como ministro Indrans como Bhasi Jaffar Idukki como Aravindan

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua malaiala Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes rodados en Hyderabad Categoría:Filmes rodados en Thrissur Categoría:Filmes rodados en Munnar Categoría:Filmes rodados en Alappuzha Categoría:Filmes rodados en Kerala Categoría:Filmes ambientados en 2018