Germán Novoa Enríquez, nado en Morgade (Xinzo de Limia) o 6 de agosto de 1996, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Arenteiro, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Nado na parroquia de Morgade, en Xinzo de Limia, formouse como futbolista na canteira do Pabellón Ourense, antes de incorporarse en 2015 ao Barbadás. Disputou tres partidos co filial e a continuación pasou ao primeiro equipo, no que militou durante as tempadas 2015/16 e 2016/17 na Terceira División. Entre 2017 e 2020 xogou no Ourense CF, da mesma categoría, fichando en 2020 polo Arenteiro.
No Carballiño converteuse nun dos piares defensivos no triunfante ciclo que levou ao conxunto verde a conquistar dous ascensos en tres tempadas, dende a Terceira ata a Primeira RFEF.
Selección galega Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).
Palmarés Arenteiro Segunda División RFEF (1): 2022/23. Terceira División (1): 2020/21.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Futbolistas da provincia de Ourense Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da UD Barbadás Categoría:Xogadores do Ourense CF Categoría:Xogadores do CD Arenteiro Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do CD Arenteiro internacionais coa selección de fútbol de Galicia