O Supermarine Seagull foi un hidroavión biplano de recoñecemento deseñado a fabricado pola compañía británica Supermarine. Desenvolveuse a partir do avión experimental Supermarine Seal II.

O traballo co Seagull comezou no ano 1920 aproveitou en gran medida o anterior programa Supermarine Commercial Amphibian. Voado por vez primeira o 2 de xuño de 1921, foi avaliado para aplicacións militares pero foi inicialmente rexeitado, polo que Supermarine continuou desenvolvéndoo como unha empresa privada. En febreiro de 1922, o Ministerio do Aire fixo un pedido inicial de dúas aeronaves, realizando máis pedidos posteriormente; crese que a produción do Seagull foi moi importante na supervivencia de Supermarine nunha época caracterizada por unha seca de clientes en toda a industria.

O Seagull foi incorporado ao Fleet Air Arm, onde se usou normalmente en labores de observación e recoñecemento de artillería. Tamén operou coa Real Forza Aérea de Australia en tarefas semellantes, e exportouse un único exemplar ao Imperio do Xapón. Posteriormente algúns avións militares foron mercados de segunda man por civís e voados no Reino Unido como avións comerciais. Na liña de montaxe de Supermarine, o Seagull foi substituído polo máis exitoso Walrus a principios doas anos 30.

Desenvolvemento

Antecedentes As orixes do Seagull están fortemente interconectadas coas dos Supermarine Seal e Supermarine Commercial Amphibian.Andrews e Morgan 1981, p. 68 O traballo no Seal comezou en 1920 desenvolvéndose a partir do Commercial Amphibian e incorporando unha serie de alteracións e melloras. Segundo Andrews e Morgan, o Supermarine Commercial Amphibian designado retroactivamente como o Seal Mk I, mentres que o novo desenvolvemento, inicialmente coñecido como o Seal Mk II, posteriormente converteuse no Seagull Mk I.Andrews e Morgan 1981, pp. 68-69

O traballo de deseño e a construción dun único prototipo foi adiante, realizando o seu primeiro voo en maio de 1921. O 2 de xuño dese ano, despois de completar as probas do fabricante, foi entregado para probas de servizo coa RAF. Prestouse unha atención especial ás características de navegabilidade e de manexo a baixas velocidades do avión, incluída a súa relativamente baixa velocidade de aterraxe. As primeiras probas de voo revelaron que o deseño do temón orixinal non era axeitado, proporcionando pobres características de guiñada. Rapidamente probáronse distintos deseños, levando á adición dunha extensión da deriva tanto no prototipo como nos avións de produción posteriores.Andrews e Morgan 1981, pp. 70-71 Tras quedar o suficientemente impresionado polo rendemento da aeronave, o Ministerio do Aire encargou dous avións en febreiro de 1922.Andrews e Morgan 1981, pp. 72-73 O prototipo mostrouse na exhibición da RAF de 1922 no aeródromo de Hendon.Thetford 1994, pp. 292-293.

Produción O 4 de xullo de 1922 adoptouse o nome Seagull para o tipo. O prototipo foi designado como o Mk I; os avións de produción posteriores recibiron a designación Seagull Mk II. As dúas versións eran semellantes, aínda que o Mk II tiña un motor máis potente Napier Lion III, menos envergadura e unha deriva máis grande.Shelton 2015, p. 65 A fabricación do Seagull comezou en 1922. En total fabricáronse 25 aeronaves para o Ministerio do Aire e a Royal Navy; a súa produción foi considerada como fundamental para a supervivencia de Supermarine neste momento, e os primeiros pedidos foron construídos intencionadamente en pequenos lotes para garantir que a empresa recibise a suficiente actividade para manterse operativa.

En 1925 comezou a construción do mellorado Mk III para a Real Forza Aérea de Australia (RAAF) tras un pedido realizado en xaneiro dese ano. Esta variante contaba cun motor Napier Lion V máis potente, e os radiadores redeseñáronse para que fose capaz de operar en rexións tropicais. A RAAF recibiu 6 Mk III entre 1926 e 1927.Andrews e Morgan 1981, p. 76 En 1928 un dos Seagull Mk II (o chamado Mk IV) foi reconstruído por Handley-Page con rañuras de bordo de ataque e derivas e temóns xemelgos.Andrews e Morgan 1981, p. 78

Notas

Bibliografía

Categoría:Aeronaves de Supermarine Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1921 Categoría:Hidroavións