300px|miniatura|dereita|Trikitixa e pandeiro tocando en Éibar. A trikitixa (en vasco estándar, [trikitiʃa]), trikiti (nalgunha variedade, [trikiti]) ou eskusoinu txiki ([es̺kus̺oɲu tʃiki]) é un acordeón diatónico. É un instrumento que provén do País Vasco. En ocasións utilízase este termo para designar un baile ou estilo de música, mesmo hai quen chama trikitixa ao dúo que forman pandeiro e acordeón diatónico obtendo este nome como onomatopea do son do pandeiro: trikiti trikiti trikiti.
A trikitixa e o pandeiro están moi ligados, tanto é así que é moi difícil ver alguén tocando este instrumento sen unha parella que marque un ritmo co pandeiro.
No País Vasco, axiña se fixo oco este instrumento para interpretar música popular, xa que ademais de ter un son moi completo, é moi pequeno e doado de levar a calquera lugar. É moi común ver os intérpretes tocaren este instrumento de pé ou andando cando tocan nunha romaría.
Á persoa que toca a trikitixa chámaselle trikitilari.
Trikitilaris de sona no País Vasco miniatura|Joseba Tapia. Pedro Sodupe "Gelatxo": Elgoibar, 1928-2007. "Kaxiano": Lizartza, 1932-2002. Iñaki Garmendia "Laja": Azkoitia, 1944. Tomas Soraluze "Epelde" ("Epelde e Larrañaga"): Azkoitia, 1945. Joseba Tapia: Lasarte-Oria, 1964. Kepa Junkera: Bilbao, 1965. Iker Goenaga: Zizurkil, 1974. Alaitz Telletxea ("Alaitz e Maider"): Oiartzun, 1976. Maixa Lizarribar ("Maixa e Ixiar"): Tolosa Xabi Aburruzaga: Portugalete,1978.
Véxase tamén Outros artigos Bandoneón
Ligazóns externas Euskal Herriko Trikitixa Elkartea Soinuaren Hotsa Trikitixa txapelketei buruzko erreportajea ARGIA astekarian
Categoría:Instrumentos de vento Categoría:Música do País Vasco