Álex Aizpuru Aizbitarte, máis coñecido como Kaxe, nado en Azpeitia o 21 de xaneiro de 1994, é un futbolista vasco que xoga como dianteiro ou extremo no Sestao River, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formado na canteira do Lagun Onak, pasou polo filial e polo primeiro equipo na Terceira División, participando da mellor campaña da historia do club, a 2015/16. En xullo de 2016 incorporouse ao Eibar B, da mesma categoría, co que conseguiu o ascenso á Segunda División B. Posteriormente xogou media tempada no Beasain, logrando boas cifras goleadoras.
En xaneiro de 2018 chegou a Galicia para fichar polo Rápido de Bouzas, de Segunda B. Disputou 17 partidos ás ordes de Borja Jiménez, anotando 6 goles e contribuíndo así á quinta posición do equipo, a mellor clasificación da historia do club. No verán dese mesmo ano trasladouse a Bahrain, onde asinou como novo xogador do East Riffa Club, equipo da primeira división adestrado polo español Pedro Gómez Carmona.
En decembro regresou á Península Ibérica e fichou pola Ponferradina, de Segunda B, coa que participou do ascenso á Segunda División. Na tempada 2019/20 debutou na categoría de prata, nun encontro diante do Cádiz, e militou no club do Bierzo ata 2021, sumando un total de 97 partidos e 14 goles.
Para a tempada 2021/22 foi cedido ao Sabadell, da nova Primeira División RFEF. Posteriormente pasou polo Atlético Baleares e o Ibiza, antes de regresar ao País Vasco en 2024 e fichar polo Sestao River.
Notas
Categoría:Nados en Azpeitia Categoría:Nados en 1994 Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Rápido de Bouzas Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores da UD Ibiza-Eivissa Categoría:Xogadores do CE Sabadell