A tempada 2023–24 da PWHL foi a primeira tempada da Professional Women's Hockey League. A liga comezou o 1 de xaneiro de 2024 e estivo integrada por seis equipos, tres do Canadá e outros tres dos Estados Unidos. A tempada finalizou coa disputa dos play-offs nun formato de semifinais e final ao mellor de cinco encontros entre os catro mellores equipos da liga regular para determinar o equipo campión.

Ao finalizar a liga regular, o PWHL Toronto proclamouse campión da liga regular, mais nas series pola Walter Cup o PWHL Minnesota impúxose o PWHL Boston (3-2) para proclamarse primeiro campión da historia da competición.

Equipos NomeCidadeEstadioCapacidadeDirector/a xeralAdestrador/aCapitáPWHL BostonLowell, MATsongas Center6 003Danielle MarmerCourtney KesselHilary KnightPWHL MinnesotaSaint Paul, MNXcel Energy Center17 954Natalie DarwitzKen KleeKendall Coyne Schofield PWHL MontréalLaval, QCPlace Bell10 062 Danièle Sauvageau Kori Cheverie Marie-Philip Poulin Montreal, QC Verdun Auditorium 4 114 PWHL New YorkBridgeport, CTTotal Mortgage Arena8 412 Pascal Daoust Howie Draper Micah Zandee-Hart Elmont, NY UBS Arena 17 255PWHL OttawaOttawa, ONTD Place Arena8 585Michael HirshfeldCarla MacLeodBrianne JennerPWHL TorontoToronto, ONMattamy Athletic Centre3 850Gina KingsburyTroy RyanBlayre Turnbull

Liga regular Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1Toronto 24 13 4 0 7 69 50 +19 472Montréal 24 10 3 5 6 60 57 +3 413Boston 24 8 4 3 9 50 57 −7 354Minnesota 24 8 4 3 9 54 54 0 355Ottawa 24 8 1 6 9 62 63 −1 326New York 24 5 4 3 12 53 67 −14 26

Asistencia Na súa tempada inaugural a PWHL bateu varios récords de audiencia. O 27 de xaneiro de 2024, durante o partido que disputaron Montreal e Ottawa no Place Bell de Laval (Quebec) rexistrouse a maior audiencia a un partido profesional de hóckey sobre xeo feminino no Canadá logo de rexistrar 8 646 persoas nas bancadas. Posteriormente, no Little Caesars Arena de Detroit superouse o récord de asistencia a un partido feminino nos Estados Unidos de América con 13 736 persoas nas bancadas durante a vitoria de Boston fronte a Ottawa o 16 de marzo de 2024. O 16 de febreiro de 2024 superouse un novo rexistro de asistencia cando 19 285 persoas presenciaron en directo no Scotiabank Arena de Toronto o partido entre Toronto e Montreal, coñecido como "The Battle on Bay Street". Con todo, o maior fito da competición chegou o 20 de abril de 2024, cando 21 105 persoas encheron o Bell Centre de Montreal durante o partido entre o equipo local e Toronto, converténdose deste xeito no partido máis visto na historia do hóckey sobre xeo feminino.

+ Equipo local Partidos Audiencia media Audiencia totalOttawa 12 7 496 89 952Minnesota 12 7 138 85 660Montréal 11 6 881 75 686Toronto 12 3 912 46 948Boston 11 3 770 41 474New York 12 2 496 29 952Pistas neutrais 2 11 293 22 586League705 448392 259

Play-offs

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Tempadas da PWHL Categoría:Hóckey sobre xeo en 2024