Un alto forno é unha construción utilizada na siderurxia, de tamaño variábel, e de forma aproximadamente cilíndrica, feita de aceiro revestido internamente con material refractario, onde é fundido o mineral de ferro a fin de transformalo en ferro-gusa.
Funcionamento O alto forno baséase no feito de que o silicio indesexábel e outras impurezas, son máis leves do que o ferro fundido, o seu produto principal, designado por ferro-gusa. O forno é construído na forma semellante a unha cheminea, nunha estrutura alta feita con ladrillos refratarios. Coque, pedra calcaria e mineral de ferro (óxido de ferro) son inseridos no topo. O ar chega pola base. Este fornecimento de ar permite a combustión do carbón no seu interior. Isto reduz o óxido a metal que, ao ser máis denso, se concentra na parte inferior do forno. A natureza exacta da reacción é:
Fe2O3 + 3CO -> 2Fe + 3CO2miniatura|350px|1. Tobeira do forno Cowper2. Zona de derretemento 3. Zona de redución de óxido ferroso 4. Zona de redución de óxido férrico 5. Zona de prequecemento (garganta) 6. Alimentación de mineral, pedra calcaria e coque siderúrxico 7. Escapamento de gases 8. Columna de mineral, coque e pedra calcaria 9. Remoción de escoura
10. Ferro-gusa 11. Chaminé para escoamento dos gases liberados|centro
Categoría:Metalurxia