Xosé Lois Ladra Fernández, nado na Coruña o 28 de xullo de 1972, é un antropólogo e arqueólogo galego. Investigador e divulgador en materia de Patrimonio Cultural, dirixiu varios proxectos no ámbito da Antropoloxía Cultural e do Patrimonio Etnolóxico galaico-portugués. Dirixiu o Museo do Pobo Galego até a súa dimisión en 2025.

Traxectoria Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Prehistoria e Etnoloxía na Universidade Complutense de Madrid; tamén ten unha licenciatura en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED. No ano 2000, obtivo unha bolsa da Fundación Barrié, para realizar un Mestrado en Arqueoloxía na Universidade do Porto, Portugal. Ampliou a su formación académica licenciándose en Antropoloxía Social, ademais de obter o Diploma de Estudos Avanzados e a Suficiencia Investigadora e realizou cursos de doutoramento na USC. Conta con varios libros publicados en galego, castelán e portugués. Tamén ten artigos en publicacións periódicas galegas, españolas e portuguesas, así como capítulos de libros, comunicacións en congresos, colaboracións xornalísticas e conferencias.

É membro de varias asociacións: o Museo do Pobo Galego, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, a Asociación Galega de Antropoloxía, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación de Amigos dos Cruceiros de Galicia. Tamén da Rede Ibérica Ocidental para uma Nova Ordenação Raiana - Plataforma RIONOR.

En maio de 2024 foi nomeado director do Museo do Pobo Galego. En novembro de 2025 dimitiu como director por "falta de condicións, circunstancias e recursos necesarios" para poder implementar e desenvolver o proxecto co que asumiu a dirección do museo.

Obras e monografías Barcas e barcos dos ríos galaicos. O patrimonio fluvial naval (2024), Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego. ISBN 978-84-88508-81-2. Religiosidade popular e mitos fundacionais no Douro Transmontano (2021), Vila Real, Câmara Municipal. DL 490422/21. Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico (2020), A Coruña, Amigos dos Museos de Galiza. ISBN 978-84-09-21399-3. Arqueologia da Indústria Moageira em Castelo Branco Moinhos hidráulicos no rio Ocreza (2018), Carviçais, Lema d`Origem. ISBN 978-989-98329-1-6. Tecnologia tradicional do sumagre no Douro Superior. Etnobotânica, História, Cultura e Património, (2013), Vila Nova de Foz Côa, Fundação Côa Parque, Coleção Cadernos do Côa, nº 7. ISBN 978-989-98329-1-6. A cultura da amêndoa no Douro Superior. História, Tradição e Património, (2013), Peso da Régua, Museu do Douro e Associação de Desenvolvimento do Douro Superior. ISBN 978-972-780-416-0. Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia, (2008). Tomo I: Estudios críticos (en colaboración con Alfredo Vigo Trasancos). A Coruña, Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 978-849-589-263-8. A pesca tradicional nos ríos de Galiza. Caneiros, pescos e pesqueiras, (2008). Santiago de Compostela, Ed. Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-552-9. Arte relixiosa popular na Terra de Valga: cruceiros, cruces e petos de ánimas (2002). A Coruña, Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. Serie “Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia”. ISBN 978-84-9752-004-1.

Premios 2020 Premio “Pedra do Destino”. Concedido pola Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, en recoñecemento ao traballo de divulgación científica a prol do patrimonio cultural. 2019 XII Premio de Investigación “Ferro Caaveiro”. Accésit concedido ao traballo titulado “Achega ao patrimonio fluvial construído no rio Sarela”. 2018 VII Premio de Investigación “Fermín Bouza Brey”, concedido ao proxecto de investigación “Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial artesanal e do patrimonio fluvial no río Tea”. 2011 X Premio “Raigame – Xaquín Lorenzo, concedido ex-aequo. 2008 XIII Premio “Vicente Risco” de Ciencias Sociais, concedido ao traballo de investigación “A pesca fluvial tradicional en Galiza. Caneiros, pescos e pesqueiras”. 2006 IX Premio “Cátedra – Pontedeume”, concedido ao traballo de investigación desenvolvido sobre “As telleiras tradicionais: o exemplo aresán”. 2001 VI Premio “Xesús Ferro Couselo”, concedido por unanimidade ao proxecto de investigación “Muíños hidráulicos do Concello de Valga”. 2000 V Premio “Xesús Ferro Couselo”, concedido por unanimidade ao proxecto de investigación “Arquitecturas populares. Os pombais”. 1999 IV Premio “Xesús Ferro Couselo”, concedido por unanimidade ao proxecto de investigación “Arte relixiosa popular. Cruceiros e petos de ánimas”.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas La Voz de Galicia, 2023, Lois Ladra, antropólogo: «A maior acumulación de ouro que se deu en toda a Prehistoria de Europa atópase en Galicia» Amigos dos Museos de Galicia, 2020, Unha nova publicación de amigos dos museos de Galicia: “Os Torques ártabros”

Fundación Barrié de la Maza, 2020, "Lois Ladra, becario máster 2000, Premio Pedra do Destino 2020 y autor del libro Os torques ártabros, arqueoloxía e contextos para o ouro galaico" Asoc. de escritas y escritores en lingua galega, 2008, Acta do xurado do XIII Premio “Vicente Risco” en ciencias sociais Pontecesures.net, 2008, "Un traballo sobre a pesca da lamprea no Ulla gaña o XIII Premio Vicente Risco" La Voz de Galicia, 2008, "Xosé Lois Ladra gaña o Vicente Risco de Ciencias Sociais cun traballo sobre a pesca fluvial tradicional" La Voz de Galicia, 2006, "Premio por bucear en el pasado" Lois Ladra no Portal Galicia Dixital (www.galiciadigital.com)

Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Antropólogos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid