Unha alucinación, no campo da intelixencia artificial (IA) refírese, en termos xerais, ás saídas dun sistema de redes neurais que afirman como feitos verdadeiros informacións erradas. Isto é debido a unha incorrecta detección de patróns no corpus de datos empregado no adestramento do sistema, levando a unha percepción ilusoria.

É un termo máis comunmente usado en modelos de intelixencia artificial xerativa, como o modelo de linguaxe de grande escala.

Clasificación Segundo a categorización de diversos artigos, existen dous tipos de alucinacións:

Alucinación intrínseca: O contido xerado contradí unha fonte contrastable. Por exemplo: "Martin Luther King Jr. morre en 2010." é falso, e pode atoparse a fonte coa información correcta: "Martin Luther King Jr. (...) asasinado (...) o 4 de abril de 1968" Alucinación extrínseca: A saída non pode ser verificada nin rebatida con ningunha fonte. Por exemplo: "Hai vida noutros planetas." Este tipo de alucinación non é sempre indebida, pois pode provir dunha información correcta externa. É, de todos modos, unha ocorrencia problemática que pode dar lugar a erros.

Notas

Categoría:Intelixencia artificial