O asalto do bou Eva foi un intento de evasión de republicanos galegos para se exiliar logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Historia

O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo. Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco. Arrimaron un barco alxibe do porto e asolagaron a bodega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense ós falanxistas.

Pasaxeiros miniatura| Os pasaxeiros, de distinta orientación política, eran os galeguistas José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao (curmáns de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), os socialistas Manuel Martínez Moroño, José Rodríguez Lorenzo e Fernando Rodríguez Lorenzo, e os comunistas Luís Álvarez González, Camilo Campos Méndez e o matrimonio Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira.

José Losada Castelao, nado en Rianxo e de profesión mestre. Afiliado ó Partido Galeguista, curmán de Castelao. Suicidouse con 45 anos.José Losada Castelao. na base de datos Nomes e voces. Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo e de profesión mestre. Curmán de Castelao. Suicidouse con 31 anos.Manuel Rodríguez Castelao na base de datos Nomes e voces. Manuel Martínez Moroño, nado en Vigo e de profesión mariñeiro. Suicidouse con 44 anos. Manuel Martínez Moroño na base de datos Nomes e voces. José Rodríguez Lorenzo, natural de Sárdoma, Vigo, e de profesión albanel. Suicidouse con 30 anos.José Rodríguez Lorenzo na base de datos Nomes e voces. Fernando Rodríguez Lorenzo, nado en Vigo e de profesión albanel. Suicidouse con 37 anos. Fernando Rodríguez Lorenzo na base de datos Nomes e voces. Luis Álvarez González, nado en Becerreá mais residente en Vigo, era obreiro naval en Barreras. Suicidouse con 30 anos.Luis Álvarez González na base de datos Nomes e voces. Camilo Campos Méndez, nado en Celanova mais residente en Vigo, era barbeiro. Suicidouse con 33 anos.Camilo Campos Méndez na base de datos Nomes e voces. Carmen Miguel Agra, nada en Vigo, de profesión ama de casa. Suicidouse con 24 anos.Carmen Miguel Agra na base de datos Nomes e voces. Anxo Nogueira Nogueira, nado en Vigo e afiliado á UXT. Suicidouse con 30 anos.Anxo Nogueira Nogueira na base de datos Nomes e voces.

Repercusión O suceso foi omitido polo réxime de Francisco Franco, e nulamente difundido durante a Transición española. Segundo Xesús Alonso Montero, presidente do Foro pola Memoria:

O relato curto "Trae os mistos, arriba España" de Inma López Silva toma como base o asalto do bou Eva. Publicado por primeira vez en 2003, está recollido no seu libro Tinta (2012).

Notas

Véxase tamén Outros artigos O Barco da Memoria Os mártires do mar Nuevo Emden Represión franquista en Galicia Nomes e voces

Ligazóns externas Salgado, Daniel (13/1/2007). "Preparan unha homenaxe ás nove vítimas do bou 'Eva'", El País (en castelán). O Foro pola Memoria lembrará o desastre do bou "Eva" (Galicia-Hoxe). Historias para non esquecer. Matrimonio Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira. La crueldad facciosa, ABC (Madrid), 22/05/1937, páx. 13 . Asociación Cultural Bou Eva

Categoría:Evasións por mar de Galicia no franquismo Categoría:Abusos de dereitos humanos Categoría:Guerra civil española en Galicia Categoría:1937 en Galicia

Categoría:Vigo