Antonio Moresco, nado en Mantua o 30 de outubro de 1947, é un escritor italiano. A súa literatura, que intenta ir para alén da posmodernidade, foi comparada coa de Franz Kafka ou Thomas Pynchon.
Traxectoria Foi un escritor serodio, xa que moitos editores rexeitaron as súas obras. En 1993, saíu do prelo a súa primeira novela, Clandestinità ("Clandestinidade"), mais comezou a ser recoñecido pola súa triloxía Giochi dell'eternità ("Os xogos da eternidade"): Gli esordi ("Os comezos", 1998), Canti del caos ("Cantos do caos", 2001, 2003) e Gli increati ("Os increados", 2015). Tamén publicou contos e literatura infantil.
Moresco organizou numerosas marchas colectivas por Italia e o resto de Europa, que son tratadas nos seus libros.
Obra
Clandestinità ("Clandestinidade", 1993) La cipolla ("A cebola", 1995) Lettere a nessuno ("Carta a ninguén", 1997) Gli esordi ("Os comezos", 1998) La visione ("A visión", conversa con Carla Benedetti, 1999) Il vulcano ("O volcán", 1999) Storia d'amore e di specchi ("Unha historia de amor e espellos", 2000) La santa ("A santa", 2000) Canti del caos ("Cantos do caos", 2001) L'invasione ("A invasión", 2002) Canti del caos (segunda parte, 2003) Lo sbrego (2005) Scritti di viaggio, di combattimento e di sogno ("Escritos de viaxe, de combate e de soños", 2005) Zio Demostene ("O tío Demóstenes", 2005) Merda e luce ("Merda e luz", 2007) Le favole della Maria ("As fábulas de María", 2007) Zingari di merda ("Xitanos de merda", 2008) Gli incendiati (2010) La lucina ("A pequena luz", 2013). Tutto d'un fiato ("Todo nun suspiro", 2013) Fiaba d'amore ("Fábula de amor", 2014) Gli increati ("Os increados", 2015) L'addio ("A despedida", 2016) Canto di D'Arco ("Canto de D'Arco", 2019) Canto degli alberi ("Canto das árbores", 2020)
Notas
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Escritores de Italia