Apamea crenata é unha avelaíña da familia Noctuidae. Está distribuída polo Paleártico. No norte cruza o círculo polar ártico, no Mediterráneo só se atopa en lugares fríos e montañas, evitando as áreas moi quentes. Nos Alpes, chega a altitudes duns 2000 metros. miniatura|Exemplar montado para exposición miniatura|upright

Descrición

Ten unha envergadura de 36 a 44 mm. As ás anteriores son marón claras con manchas máis escuras polas beiras, xeralmente con marcas prominentes na base e tornus. As ás posteriores son cincentas con venación máis escura. Son bastante frecuentes as formas melánicas.

Descrición técnica e variacións Ás anteriores de cor gris lila claro, a miúdo destinxidas con marrón claro; as veas son máis claras: a área costal tinguida de gris purpúreo; marxe interna de branco e cunha forte liña negra preto da base: liñas internas e externas dobres, pardas, a externa seguida dunha dobre ringleira de puntos nas veas marrón escuros cun punto branco entre eles; estigma marrón claviforme con perfil máis escuro; a vea orbicular xeralmente alongada e estreita, ás veces acurtada e máis redondeada, con centro marrón como na vea reniforme e perfil claro, a metade externa da reniforme máis clara que a interna, e o lobo inferior máis escuro; cela e vea mediana de tons marróns, esta última non chega baixo a cela; área marxinal alén da liña submarxinal marrón avermellada escura, emitindo grandes dentes cara a dentro nos dous lados; á posterior fuscosa, gris clara cara á base.

Describíronse as seguintes aberracións e formas: aberración (ab.) argentea Tutt ; forma ochrea Tutt; forma intermedia Tutt; forma flavorufa Tutt; forma putris Hbn.; forma combusta Haw.; ab. alopecurus Esp.; forma nigrorubida Tutt; ab. subrurea Petersen; ab. extincta Stgr.; ab. uniformis ab. nov.[Warren].Seitz, A. Ed., 1914 Die Großschmetterlinge der Erde, Verlag Alfred Kernen, Stuttgart Band 3: Abt. 1, Die Großschmetterlinge des palaearktischen Faunengebietes, Die palaearktischen eulenartigen Nachtfalter, 1914 miniatura|140px|esquerda|Figuras.6, 6a, 6b, 6c larvas despois da muda final.

Bioloxía

Apamea crenata ocupa diversos hábitats. Coloniza desde zonas con abundante herba non cortada e húmida a sitios mesofílicos como praderías húmidas, pantanos, límites dos bosques ou claros, montañas e pradeiras de vales, tamén páramos, xardíns e parques. Nas Illas Británicas a etapa voadora é de maio a xullo. Atráea a luz e o azucre, especialmente as flores ricas en néctar. As eirugas adultas son de grises amarronadas a grises terrosas. Teñen unha liña dorsal amarela e branca. En cada segmento corporal hai puntos negros e verrugas en punta negras. A liña lateral é amarela e branca. Cabeza, escudo do colo e escudo anal marróns anegrados. Tres liñas lonxitudinais brillantes sobresaen do escudo do colo. A pupa granate está equipada con dúas espiñas e catro ganchos curtos no cremáster. A larva aliméntase de varias herbas, como Dactylis, Deschampsia, Festuca e Phalaris. Esta especie pasa o inverno como larva e aliméntase nos días de tempo suave durante toda a estación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Chinery, M. Collins Guide to the Insects of Britain and Western Europe. 1986 (Reimpreso en 1991) Skinner, B. Colour Identification Guide to Moths of the British Isles. 1984

Ligazóns externas

Clouded-bordered Brindle en UK Moths Taxonomía Lepiforum.de Vlindernet.nl

Categoría:Lepidópteros Categoría:Animais descritos en 1766