Acronicta rumicis é unha especie de avelaíña pertencente ao xénero Acronicta e á familia Noctuidae, descrita primeiramente por Carl Linné en 1758 na 10ª edición de Systema Naturae. Atópase na rexión paleártica. Vive e aliméntase de plantas localizadas en áreas abertas. No seu estadio larval, como eiruga, causa un impacto tan grande como praga que está recibindo moita atención polos investigadores. A larva de A. rumicis aliméntase de millo, amorodos e outras plantas herbáceas.

A evolución desta avelaíña foi afectada polo melanismo industrial que ocorreu en Europa principalmente durante finais do século XIX e principio do XX, causando un drástico incremento en dúas aberracións (salicin e lugubris), que teñen ás grises máis escuras.

Descrición e identificación

A. rumicis ten unha envergadura de 34–44 mm. As ás anteriores están manchadas cunha mestura de tons grises claros e escuros, mentres que as ás posteriores son marróns escuras.Alford, D. V., 2014. Pests of Fruit Crops: A Colour Handbook. p.356. Presenta un punto branco a medio camiño baixando polo bordo traseiro da á anterior que é unha marca distintiva de A. rumicis que non se ve noutras especies de Acronicta. Os espécimes chineses e xaponeses tenden a ser maiores que os europeos. Os exemplares asiáticos teñen ás anteriores máis baixas e con tons de gris máis escuros.

Descrición técnica e variación

Ás anteriores grises escuras, varía segundo os lugares con tons abrancazados; liñas e tons negros; liña externa marcada por un punto branco no pregamento submediano ; ás posteriores fuscas amarranoadas. Larva xaspeada escura e gris clara: unha ringleira dorsal de puntos vermellos nas manchas negras, e unha ringleira de puntos brancos a cada lado; unha liña clara baixo os espiráculos, conteñen tubérculos vermello-laranxa; segmentos 5 e 12 do dorsum xibosos; tubérculos con fascículos de pelos fuscos e fulvos.

As variacións ou aberracións descritas son: ab. turanica Stgr.; ab. alnoides Geest; ab. euphorbiae Steph. nec. Hbn., e ab. euphrasiae Steph. nec Dup.Warren. W. in Seitz, A. Ed., 1914 Die Großschmetterlinge der Erde, Verlag Alfred Kernen, Stuttgart Band 3: Abt. 1, Die Großschmetterlinge des palaearktischen Faunengebietes, Die palaearktischen eulenartigen Nachtfalter, 1914 Hai formas melánicas como salicis e lugubris.

Taxonomía e filoxenética

A. rumicis é unha avelaíña do xénero Acronicta e da familia Noctuidae. Os Noctuidae teñen máis de 21.000 especies. Os noctuidos teñen ollos grandes que brillan na escuridade e a cor das súas ás fan que sexa difícil velas.Singh, H., 2014. Taxonomic Studies on Family Noctuidae (Lepidoptera) from North-East India. Na súa posición habitual de repouso, os noctuidos pregan as súas ás sobre o corpo; as ás anteriores solápanse unha á outra. As ás pregadas toman forma de tenda.Waring, Paul, et al. Field Guide to the Moths of Great Britain and Ireland. British Wildlife, 2009. Case todas as larvas de Acronicta están moi coloreadas con pelos marróns espiñosos en toda a parte dorsal do corpo.Chapman, T.A., 1890. The Genus Acronycta and its Allies. The Entomologist's Record and Journal of Variation, 1(abril), pp.1–4, 26–28. Segundo Thomas Algernon Chapman, o xénero Acronicta pode subdividirse en tres grandes grupos: o primeiro, caracterizado por ter unha estrutura xibosa na pupa e unha oviposición con ovos amoreados, inclúe: A. auricoma, A. myricae, A. menthanthidis, A. venosa e A. rumicis. O segundo, caracterizado por ter espiñas terminais da pupa e unha posta de ovos cupuliforme separada doutras, inclúe: A. psi, A. tridens, A. strigosa, A. alni, A. megacephala, A. leporina, A. aceris. O terceiro grupo ten unha soa especie, A. ligustri. thumb|228x228px|Rexión paleártica.

Distribución e hábitat A. rumicis está distribuída por todo o Paleártico. É común no noroeste da China, a península de Corea e o Xapón, aínda que tamén se atopou noutras partes de Eurasia, incluíndo Rusia.Anon, 1901. Transactions of the Entomological Society of London. Atópase en case toda Europa, pero está ausente nalgunhas áreas do noroeste de Escandinavia. Investigouse moito sobre esta especie en Inglaterra e Escocia.

Estas avelaíñas adoitan vivir en plantas localizadas en áreas moi abertas como praderías, claros de bosques, xardíns e sebes, xeralmente en áreas non húmidas.Winiarska, G., 1990. Communities of noctuids (Lepidoptera, Noctuidae) of linden-oak-hornbeam forests of the Mazovian Lowland. Fragmenta Faunistica, 15(11), pp.143–163.

Recursos alimenticios miniatura|271x271px|Rumex obtusifolius.

Eirugas No estadio de eiruga A. rumicis adoita alimentarse de plantas herbáceas baixas, como acedas e outros Rumex, silvas, cardos, lúpuloSkinner, B., 2009. Colour Identification Guide to Moths of the British Isles: (Macrolepidoptera). p.149. e ocasionalmente de follas de arbustos. Ademais, a larva de A. rumicis prefire froitos de árbores como especies de Prunus e plantas da familia Polygonaceae.Cho, Y., Kwon, O. & Nam, S.-H., 2006. Ecological and morphological characteristics of the endoparasitoids of larval Acronicta rumicis (Lepidoptera: Noctuidae). Entomological Research, 36, pp. 208–215.

En investigacións unha das plantas máis usadas é Rumex obtusifolius, unha planta herbácea común na área de distribución de A. rumicis.

Historia vital

A. rumicis xeralmente cría dúas veces no ano en zonas temperadas: a primeira xeración voa en maio e xuño, mentres que a segunda faino en agosto e setembro. Porén, o número de xeracións pode diferir baseándose na localización; no sur de Europa, adoita criar tres veces, mentres que no norte, tan só cría unha vez, moi probablemente debido á diapausa. O número de veces que se reproduce pode determinarse pola duración das horas de luz e os rangos de temperatura. As larvas tenden a alimentarse desde o verán en adiante ata o inverno, durante o cal pasan o tempo en estado de pupas en casulos. miniatura|268x268px|Debuxo esquemático dun ovo de A. rumicis coas súas características cristas en zigzag. miniatura|235x235px|Eiruga

Ovo Os ovos póñense en grupos, formando ringleiras case regulares e solapadas sobre as plantas hóspede. O estadio de ovo dura de 5 a 10 días. Os ovos teñen unha forma redonda aplanada que lembra a do molusco peneira e teñen unha área micropilar da que saen 20 cristas longas que radian desde o centro, case como un debuxo infantil do sol cos seus raios. As cristas máis longas adoitan facer un zigzag.Dolinskaya, I. V., 2014. Egg Morphology of some Noctuidae (Lepidoptera). Vestnik Zoologii, 48(4), pp. 353–364. A estrutura aplanada dos ovos facilita a súa estabilidade ao depositalos sobre a planta.

Eiruga Cando as larvas fan eclosión dan pequenas mordedelas na abertura redonda do ovo. Xeralmente, as larvas de A. rumicis están listas para pupar pasados 30 días. Xeralmente teñen uns 40 mm de longo, corpos marróns escuros, con puntos brancos polos lados do corpo e puntos vermellos na parte central e dorsal.Anon, 2010. The Knot Grass moth and caterpillar – Acronicta rumicis. Wildlife Insight. Os pelos corporais crecen en petadas, arranxados en ringleiras: dúas ringleiras a cada lado do corpo e unha ringleira ao longo da parte central e dorso. miniatura|268x268px|Casulo

Pupa Unha vez que se achegan os meses invernais, as eirugas completamente crecidas pupan en casulos sobre follas de plantas ou follas caídas. O casulo ten unha rexa seda branca e unha simple capa de herba, paus ou follas para agocharse mellor dos predadores.

Adulto

As avelaíñas adultas saen do casulo en xuño pero poden aparecer en meses anteriores se o tempo é constantemente cálido.

Inimigos Predadores Aínda que a principal causa dos problemas que pode ter na vida A. rumicis é o parasitismo por parasitoides, outro grupo de predadores son as aves pequenas. Estas aves, como o peto real, nidifican e crían en bosques, e outras en rexións agrícolas. Nun estudo feito en Eslovenia, as aves estaban nidificando nun campo de lúpulo. O lúpulo é un alimento preferido de A. rumicis, mentres que as eirugas son a principal fonte de alimento para estas aves.Vogrin, M., 2002. Breeding birds in hop fields. Ornis Svecica, 12, pp.92–94.

Parasitos

O parasitismo en A. rumicis xeralmente ocorre nos meses de maio e outubro. As proporcións son menores nos meses de xuño e xullo por razóns aínda descoñecidas. A maioría dos parasitoides que afectan A. rumicis son avespas parasitoides das familias Braconidae e Ichneumonidae, así como moscas parasitas.Cho, Y.-H., Kwon, O.-S. & Nam, S.-H., 2006. Species Composition and Seasonal Distribution of the Endoparasitoids on Acronicta rumicis (Lepidoptera, Noctuidae). Journal of Ecology and Environment, 29(1), pp.55–60.

Un dos parasitoides máis comúns de A. rumicis é Glyptapanteles liparidis, un parasitoide de larva que está amplamente distribuído en Eurasia.CHO, Y.-H., NAM, S.-H. & KWON, O., 2006. Interaction of Acronicta rumicis (Lepidoptera: Noctuidae) and its larval parasitoid, Glyptapanteles liparidis (Hymenoptera: Ichneumonidae). Entomological Research, 36, pp. 79–84. G. liparidis oviposita na superficie da larva da avelaíña; unha vez eclosiona, a larva da avespa aliméntase da larva de A. rumicis e acaba causándolle a morte.

Baseándose nun estudo feito en Corea do Sur, G. liparidis afecta A. rumicis nos seus catro primeiros estadios larvais. O mesmo estudo tamén descubriu que o segundo estadio larval era aparentemente a mellor fonte de alimento para a larva deste parasitoide, xa que nese estadio producíase a maior taxa de mortalidade en comparación cos outros tres estadios. Como a larva de G. liparidis crece continuamente e utiliza os recursos producidos internamente pola larva de A. rumicis, os hábitos alimenticios da larva da avelaíña cambian tamén. Como media, as larvas parasitadas comen máis material vexetal que as non parasitadas; o segundo estadio larval adoita consumir máis alimento que os outros, o que apoia a idea de que G. liparidis se alimenta máis eficientemente no segundo estadio larval da avelaíña.

Xenética dos padróns de cor Pigmentación e coloración estrutural

Nesta especie observouse o melanismo industrial, o que significa que estas avelaíñas evolucionaron a formas máis escuras durante a Revolución Industrial en Inglaterra cando a contaminación afectou ao medio ambiente.

A aberración salicis Curtis, que é común na área de distribución da especie, ten certo grao de melanismo, con seccións de tons grises máis escuros nas ás e conserva a marca identificadora de A. rumicis, o punto branco nas ás anteriores.Skinner, B., 2009. Colour Identification Guide to Moths of the British Isles: (Macrolepidoptera). , p. 149. A aberración salicis é común en Inglaterra, Gales e Irlanda. A aberración lugubris Schultz extremadamente melánica e case completamente negra, carece das manchas grises mesturadas nas ás, pero segue conservando o prominente marcador do punto branco nas ás anteriores.West, B.K., 2005. Acronicta rumicis L. ( Lep.: Noctuidae) extreme melanic ab. lugubris Schultz in Kent, and continued decline in melanism. Entomologist's Record and Journal of Variation, 2005(4), pp. 174–175. A aberración lugubris pode atoparse principalmente en Inglaterra. Segundo B. K. West, desde a década de 1990, o melanismo en A. rumicis foise facendo menos frecuente; en 1995 un 20 % dos exemplares eran melánicos, pero no decurso de cinco anos a porcentaxe decreceu a 6,1 %. En 2004 só o 2,8 % da poboación era melánica. Durante o período industrial de épocas pasadas as superficies das plantas onde se pousaba a avelaíña quedaron escurecidas polo feluxe da contaminación e aumentou a forma melánica que se camuflaba mellor; en décadas posteriores, conforme as condicións melloraban e as plantas estaban máis limpas, as formas melánicas deixaron de ser evolutivamente favorables e empezaron a diminuír.

Fisioloxía

Diapausa