As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.
Subdivisións O grupo britónico teríase separado en dous dialectos:
O britónico suroccidental, protolingua da que derivarían: o bretón. o córnico.
O britónico occidental, protolingua da que derivarían: o galés. o cúmbrico (hai tempo extinguida). o ivérnico, de ser certa a súa existencia. Entre as linguas mortas estarían o galo e o lepóntico.
Datación
A cuestión da data da separación entre linguas gaélicas e britónicas non está resolta, pero é seguro que estas dúas ramas se diferenciaron antes da aparición dos primeiros textos cobre o ano 600. De resultas da afluencia de falantes de linguas xermánicas a Gran Bretaña durante o século V, algúns falantes de linguas britónicas se instalaron masivamente en Armórica (a Bretaña actual), e, en cantidade menor, en Galiza, e no Leinster en Irlanda. Os falantes de linguas britónicas permaneceron tamén presentes na Escocia meridional durante varios séculos, no norte e o oeste de Inglaterra, e na Illa de Man. Pero o impulso progresivo dos gaélicos (celtas de proveniencia irlandesa) e dos anglosaxóns fixo que os falantes destas linguas se relegasen nos tras países que lles quedan hoxe: a Bretaña, Cornualla e o País de Gales.
Linguas britónicas no noroeste peninsular
Unha lingua ou dialecto britónico falouse tamén durante a Alta Idade Media no norte do Reino Suevo (que hoxe en día correspondería co occidente de Asturias, o norte da provincia de Lugo (antiga provincia de Mondoñedo) e o nordés da provincia da Coruña) por mor da importante colonia de britanos que chegaron no medievo ó noroeste da Península Ibérica fuxindo dende as Illas Británicas da invasión anglosaxoa. Non se conservan textos escritos nesta lingua, aínda que a súa pegada é evidente en varios topónimos da zona.
Trazos distintivos das linguas britónicas fronte ás linguas goidélicas
Un trazo lingüístico permite distinguir as linguas britónicas das linguas goidélicas: hai unha alternancia entre o fonema «k» (celta Q) particular ao goidélico e os fonemas «p» ou «b» que lles corresponden en britónico (celta P). Nótase ademais que, nas linguas itálicas, curmás das linguas célticas, o latín é unha lingua con «k» e o osco unha lingua con fonema «p» (comparar quinque e Pompeï).
Véxase tamén Celta P Linguas célticas. Linguas goidélicas. Linguas indoeuropeas.
Ligazóns internas
lingüística Linguas do mundo linguas por familias linguas indoeuropeas linguas célticas
Categoría:Linguas britónicas