Bāy Bāy Ṭabariyya () é un filme documental palestino de 2023 dirixido por Lina Soualem, e escrito por Soualem e Nadine Naous, en colaboración con Gladys Joujou. É unha coprodución entre Palestina, Francia, Bélxica e Qatar. O filme segue a Hiam Abbass, que abandona a súa aldea palestina de Deir Hanna na Baixa Galilea, Israel, para perseguir o seu soño de converterse en actriz, deixando atrás á súa nai, avoa e irmás. Abbass volve á súa aldea, coa súa filla, Soulaem, para explorar as opcións da súa nai e a influencia familiar.

Tivo a súa estrea mundial no 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia na sección Giornate degli Autori o 3 de setembro de 2023, e nos cinemas de Francia o 21 de febreiro de 2024. Foi escollido como candidato de Palestina para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Palestina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Palestina Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes de Qatar