O Supermarine Sea Eagle foi un hidroavión británico de pasaxeiros. Foi deseñado e construído por Supermarine Aviation Works para a súa filial, a aeroliña British Marine Air Navigation Co Ltd, para ser usados na súa ruta a través do canal da Mancha entre Southampton, as Illas do Canal e Francia.
Servizo Fabricáronse tres aparellos civís, G-EBFK, G-EBGR e G-EBGS, e o servizo regular entre Southampton e Guernsey comezou o 25 de setembro de 1923 (o planeado servizo a Francia nunca chegou a implementarse). Este foi o primeiro servizo británico regular de pasaxeiros con hidroavións. Porén, o G-EBFK esnafrouse o 21 de maio de 1924 e en xaneiro de 1927 o G-EBGS perdeuse cando foi acometido por un barco no porto de Saint Peter Port, Guernsey.London 2003, p. 72 O terceiro avión continuou a ruta ata 1928, cando foi substituído por un Short S.8 Calcutta.London 2003, p. 73
O casco de madeira do Sea Eagle supervivente, o G-EBGR, foi conservado por Vickers ata 1949, cando llo presentaron á British Overseas Airways Corporation. BOAC queimouno en 1954 pola falta de espazo de almacenamento.London 2003, p. 257
Variantes O Supermarine Sheldrake usaba o casco do Sea Eagle e as ás do Seagull cunha instalación de motor tractor. Só chegou a construírse un exemplar.
O Supermarine Scarab foi un hidroavión militar baseado nos Sea Eagle e Sheldrake pero cun motor en configuración de impulso, deseñado especialmente para a Armada Española. Fabricáronse e entregáronse 12 exemplares para o servizo aéreo da Armada de España para ser usados no rol de bombardeiro/recoñecemento durante a guerra do Rif. Estaba equipado cunha metralladora Lewis de 7,7 mm e unha carga de bombas de 454 kg.
Operadores
Armada de España Portahidroavións Dédalo
British Marine Air Navigation Co Ltd Imperial Airways
Notas
Bibliografía
London, Peter. British Flying Boats. Sutton Publishers Ltd. 2003.
Categoría:Aeronaves de Supermarine Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1923 Categoría:Hidroavións