La erección de Toribio Bardelli é un filme peruano-brasileiro de 2023 escrito e dirixido por Adrián Saba e producido por Carolina Denegri. Está protagonizado por Gustavo Bueno, xunto con Gisela Ponce de León, Rodrigo Sánchez Patiño, Michele Abascal e Lucélia Santos.
Foi escollido como candidato do Perú para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Toribio Bardelli é un home vello, que xunto cos seus catro fillos, agora adultos, forman unha familia disfuncional e fracasada. A piques de facer 70 anos, Toribio perseguirá o seu único obxectivo na vida: volver ter unha erección.
Personaxes Gustavo Bueno como Toribio Bardelli Gisela Ponce de León como Sara Bardelli Rodrigo Sánchez Patiño como Silvestre Bardelli Lucélia Santos como Celestine Michele Abascal como Luz Bardelli Coco Chiarella como Elderly Friend Lizet Chavez como Malaga Beto Benites como Ruben Liliana Albornoz como Prostituta Milena Alva como farmacia Rodrigo Palacios como compañeiro de traballo de Luz Víctor Prada
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Perú propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes sobre a viuvez Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes rodados no Perú Categoría:Filmes ambientados no Perú