Chłopi é un filme polaco de 2023 dirixido e escrito por Dorota Kobiela e Hugh Welchman. É unha adaptación da novela gañadora do Premio Nobel Chłopi de Władysław Reymont. O filme está protagonizado por Kamila Urzędowska, Robert Gulaczyk, Mirosław Baka, Sonia Mietielica, Ewa Kasprzyk, Cezary Łukaszewicz, Małgorzata Kożuchowska, Sonia Bohosiewicz, Dorota Stalińska, Andrzej Konopka, Marcin Rusin e Maciej Musiał.
Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto antes de estrearse en cinemas de Polonia o 13 de outubro de 2023. Recibiu valoracións mixtas por parte da crítica. Foi escollido como candidato de Polonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Kamila Urzędowska como Jagna Robert Gulaczyk como Antek Boryna Mirosław Baka como Maciej Boryna Sonia Mietielica como Hanka Borynowa Ewa Kasprzyk como Dominikowa Cyprian Grabowski como Witek Cezary Łukaszewicz como Michał Małgorzata Kożuchowska como a muller do organista Sonia Bohosiewicz como a muller do alcalde Dorota Stalińska como Jagustynka Andrzej Konopka como o alcalde Mateusz Rusin como Mateusz Maciej Musiał como Jasio
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Polonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua polaca Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes de Serbia Categoría:Filmes de Lituania Categoría:Filmes ambientados en Polonia