O Condado de Põlva (en ou Põlvamaa), é un dos quince condados (maakond) da Estonia. Está situado no sueste da Estonia e limita cos condados de Tartu, Valga e Võru. O condado tamén é parte da fronteira de Estonia con Rusia (Oblast de Pskov). Nesa rexión, a divisa territorial entre eses dous países aínda non está totalmente ratificada e algunhas vilas no condado de Põlva (por exemplo, Lutepää e Saatse) só poden ser alcanzadas por terra a través do territorio controlado polos rusos. O 2,3% do total da poboación de Estonia vive no condado de Põlva. A súa capital é Põlva. Existen máis de 130 lagos na área do condado, sendo o maior deles o lago Meelva.

Goberno rexional

O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.

Subdivisión administrativa

O condado está divido en 14 concellos: un urbano (cunha segunda cidade Räpina, facendo parte dun concello rural) e 13 concellos rurais.

Concello urbano

Põlva

miniatura|dereita|500px|Concellos do condado de Põlva

Concellos rurais

Ahja Kanepi Kõlleste Laheda Mikitamäe Mooste Orava Põlva Räpina Valgjärve Vastse-Kuuste Veriora Värska

Categoría:Condados de Estonia