Banel et Adama é un filme senegalés de 2023 dirixido por Ramata-Toulaye Sy, no seu debut como directora. É unha coprodución entre o Senegal, Francia e Malí. Estreouse o 20 de maio de 2023 o Festival Internacional de Cinema de Cannes. Foi escollido como candidato do Senegal para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Banel e Adama son dous mozos que viven nunha remota aldea do norte do Senegal. Adama é tranquilo e introvertido, mentres que Banel é apaixonada e rebelde. Adama e Banel namóranse e deciden vivir separados das súas familias para poder vivir xuntos. Cando Adama se nega a cumprir o seu dereito de nacemento para servir como futuro líder da aldea, xorde o caos na comunidade.
Personaxes Khady Mane como Banel Mamadou Diallo como Adama Binta Racine Sy Moussa Sow Ndiabel Diallo Oumar Samba Dia Amadou Ndiaye
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Senegal propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua fula Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Senegal Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Malí Categoría:Filmes de Arte France Cinéma Categoría:Filmes ambientados no Senegal