Tesouro de Valsadornín 240x240pxConxunto do recipente e as moedas do tesouro· Data do depósito: século III d.C. (ca. 270). · Período: baixo Imperio Romano.

· País: España.

· Descubridor: Tomás y Eusebia Roldán.

· Lugar de aparición: Valsadornín, Palencia.

· Data do achado: 1937.

· Composición: ca. 45 quilos de moedas romanas.

· Materiais: prata e bronce.

· Conservación: Museo de Palencia.

O tesouro de Valsadornín é un conxunto de moedas da Antiga Roma achado en 1937 nas proximidades da entidade local de Valsadornín, Cervera de Pisuerga, na provincia española de Palencia.

O soterramento data de arredor do ano 270 e o depósito está composto por un recipiente que contiña arredor de 45 quilogramos de moedas, maioritariamente de bronce e algunhas de prata.

O achado O tesouro foi achado de xeito casual o 19 de agosto de 1937 polos irmáns Eusebia e Tomás Roldán, cando percorrían o camiño que unía Valsadornín con Gramedo, localidade da que eran veciños. En medio dunha forte treboada, cando atravesaban o lugar de Valdiquecho, en Santa Águeda, tropezaron cos restos dun recipiente que asomaba do chan cunha gran cantidade de moedas. Os irmáns recolleron o tesouro e trasladárono á súa casa, onde comprobaron que o recipiente era unha especie de pota metálica cun conglomerado de moedas oxidadas no seu interior. O conxunto pesaba 45 kg.Calleja González, M. V. (1979). Páxina 7.

As autoridades arqueolóxicas palentinas procederon a inspeccionar o lugar na procura doutros posibles restos, aínda que sen resultado. Daquela, o tesouro trasladouse ao Museo de Palencia, mais non chegou completo, xa que os propios irmáns Roldán, así como veciños de Cervera de Pisuerga,Berrueta, J. (2020). "El drama del tesoro romano hallado en plena Guerra Civil en Palencia y expoliado por sus vecinos". En El Español. 23 de xullo. o gobernador civil de Valladolid Juan Alonso-Villalobos Solórzano e o departamento de Arqueoloxía da Universidade de Valladolid quedaron con parte das moedas. No Museo de Palencia permaneceu íntegro ata 1951, cando se trasladou a parte amalgamada do tesouro ao Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid.Calleja González, M. V. (1979). Páxina 9.

Contido En 1979 realizouse o primeiro estudo da parte que ficou en Palencia. Entre as moedas do tesouro, os emperadores romanos que apareceron representados son Galieno, Claudio II e Salonina, aínda que en total hai dezaoito gobernantes representados.Olaya, V. G. (2018). "El tesoro romano que apareció en un caldero". En El País. 4 dedecembro.​ O total das moedas que quedaron en Palencia era de 2.421 exemplares, que pesaban 6,2 kg e supuñan o 14 % das pezas do achadoo total.Calleja González, M. V. (1979). Páxina 13. O exame destas moedas permitiu fixar a data de soterramento do tesouro non antes de 270 e o seu dono seguramente o agochou por mor da inestabilidade interna da época.​Calleja González, M. V. (1979). Páxina 15. Estimouse que inicialmente o conxunto puido ter entre dez mil e once mil pezas.Calleja González, M. V. (1979). Páxina 16.

A parte do conxunto que se trasladou en Madrid ficou en depósito no Museo Arqueolóxico Nacional durante décadas, á espera para ser restaurada. Finalmente, entre 2016 e 2018 o Instituto do Patrimonio Cultural de España procedeu á súa restauración e, logo de ser exposto no propio MAN, o conxunto daa pota mais arredor de 8.000 moedas restauradas foi entregado novamente ao Museo de Palencia en xaneiro de 2019 para a súa exposición completa."El misterio de las 11.000 monedas romanas en una olla". En Última Hora. 11 de outubro de 2020.Otero Morán, P. (2020).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Calleja González, M. V. (1979). "El tesoro romano de Valsadornín". En Publicaciones de la Institución Tello Téllez de Meneses. Nº 42. Páxinas 5-25. Otero Morán, P. (2020). "Vitrina CERO. El Tesoro de Valsadornín". En Boletín del Museo Arqueológico Nacional. Nº 38. Páxinas 363-374.

Outros artigos Tesouro Moedas da Antiga Roma

Ligazóns externas

"Las Joyas del Museo - El Tesoro de Valsadornín"

Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Castela e León Categoría:Tesouros romanos