Tesouro de Los Almadenes 311x311pxConxunto de moedas romanas e ibéricasdo tesouro de Los Almadenes· Data do depósito: finais do século II a.C. · Período: ibero-romano.
· País: España.
· Descubridores: Otilia e Catalina Fernández.
· Lugar de aparición: Mina Los Almadenes, Alcaracejos.
· Data do achado: 1926.
· Composición: Moedas, fíbulas, vasos, torques etc.
· Material: prata.
· Conservación: Museo Arqueolóxico de Córdoba.
O tesouro de Los Almadenes é un conxunto de varios obxectos ibéricos e romanos, maiormente moedas de prata, soterrados a finais do século II a.C., achado en 1926 no municipio cordobés de Alcaracejos, preto da mina Los Almadenes, de onde recibe o seu nome.
O tesouro exponse no Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba.
O achado A descuberta sucedeu casualmente en 1926, cando unha familia de agricultores traballaba nas súas terras de labor na zona de Cerro del Peñón, en Alcaracejos, na contorna da Mina Los Almadenes."Mina de Almadenes". Guía Digital del Patrimonio Cultural de Andalucía.
O achado foi narrado deste xeito no Boletín da Real Academia de Córdoba dous anos despois da súa descuberta:
Os agricultores vendéronlle as pezas ao subdelegado de Farmacia en Pozoblanco, Moisés Moreno Castro, quen a mediados de xullo de 1928Jener, S. (1928). "El tesoro celtíbero-romano de los Almadenes en Pozoblanco". En Boletín de la Real Academia de Córdoba de Ciencias, Bellas Letras y Nobles Artes. Vol. 7. Nº 21. Páxinas 27-60. llas entregou a Antonio Carbonell para a súa conservación no Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba. O daquela director deste museo, Samuel de los Santos, rexistrou o conxunto de pezas erroneamente como "Tesouro de Pozoblanco" —probablemente porque os termos municipais da comarca de Los Pedroches foran configurados uns anos antes, en 1909—, polo que numerosas publicacións identificaron erroneamente a súa orixe neste municipio, aínda que a localización correcta é Alcaracejos.Madrid, A. M. (2006).
En 1929, o tesouro foi exposto temporalmente no Palacio Nacional de Montjuïc durante a Exposición Internacional de Barcelona.Catálogo histórico y bibliográfico de la Exposición Internacional de Barcelona (1929-1930). Vol. I. Real Academia de la Historia. Páxina 32. ISBN 978-84-96849-34-1
Contido miniatura|Algunhas pezas do tesouro expostas no Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba.|317x317px As pezas achadas no interior da pota de cobre e rexistradas polo director do Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba son as seguintes:
Arredor de 200 moedas, a maioría denarios da serie republicana e procedentes da ceca de Roma, uns preconsulares, outros consulares e algúns a nome de familias con dereito a cuñar moeda. A excepción constitúena cinco denarios ibéricos, correspondentes ás cecas peninsulares de Arsaos, Bolskan, Kalkusken, Iltirta e Turiaso.Santos Gener, S. de los (1928) . Páxinas 52-57. Sete vasos de formas diversas: tres esmagados e moi deteriorados, quizais coa intención de que tivesen cabida na pota, e os restantes en bo estado de conservación, aínda que con certa corrosión. Tres deles teñen forma cónica e co vértice arredondado.Santos Gener, S. de los (1928) . Páxinas 35-40. Sete fíbulas. Son as pezas máis relevantes do tesouro, con diversas formas e datadas moito antes do seu soterramento, entre os séculos IV e III a-C. Todas están en bo estado de conservación.Santos Gener, S. de los (1928) . Páxinas 40-45. Dous torques, nun estado de conservación medio, elaborados polo trenzamento de tres finos tubos e tres cordóns de prata e cos extremos terminados nunha espiga maciza dotada dun aro, no que adoitaba pendurarse unha moediña ou outro adobío.Santos Gener, S. de los (1928) . Páxinas 45-48. Oito placas circulares, pequenos aneis e pulseiras e diversos fragmentos de artigos de prata.Santos Gener, S. de los (1928) . Páxinas 48-52.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Santos Gener, S. de los (1928). "El tesoro celtíbero-romano de los Almadenes en Pozoblanco ". En Boletín de la Real Academia de Córdoba de Ciencias, Bellas Letras y Nobles Artes. Vol. 7. Nº 21. Páxinas 29-60. Madrid, A. M. (2006). "Consideraciones sobre el lugar del hallazgo del llamado "tesoro Celtíbero-Romano de los Almadenes de Pozoblanco" y otros lugares de hallazgos arqueológicos en los Pedroches". En Arte, arqueología e historia. Nº 13. Páxinas 111-115. Peralbo Redondo, J. F. (2019). El tesoro íbero-romano de los Almadenes de Alcaracejos. ISBN 9788409116027
Ligazóns externas
Tesoro de Los Almadenes. Red Digital de Colecciones de Museos de España
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en España Categoría:Historia de Andalucía Categoría:Provincia de Córdoba Categoría:Tesouros romanos