Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
Pese a ser un arquipélago, ten fronteiras terrestres con Malaisia na illa de Borneo, con Timor Leste na illa de Timor, e con Papúa-Nova Guinea, na illa de Nova Guinea. O país está bañado polos océanos Pacífico e Índico. Algunhas das illas do arquipélago son Xava (a máis densamente poboada), Borneo, Sumatra, Célebes, Timor ou Nova Guinea.
O arquipélago indonesio é unha rexión importante para o comercio xa dende o século VII, dende que o reino de Srivijaya comezou a comerciar coa China e coa India. Gradualmente, os gobernantes locais adoptaron a cultura, relixión e o modelo político dos indios, e no século I d. C. apareceron varios reinos hindús e budistas na rexión. A historia indonesia foi influenciada polas potencias foráneas que buscaron explotar os seus recursos naturais. Despois de que os comerciantes musulmáns introduciran o islam, e durante a era dos descubrimentos, as potencias europeas comezaron a disputarse o monopolio do comercio de especias nas Molucas. Tras tres séculos e medio de colonialismo neerlandés, Indonesia obtivo a súa independencia pouco despois da segunda guerra mundial.
Dende aquela a historia de Indonesia foi turbulenta, enfrontándose a desastres naturais, corrupcións, o separatismo, o proceso de democratización e períodos de cambios económicos. A través das súas numerosas illas, o pobo indonesio está conformado por distintos grupos étnicos, lingüísticos e relixiosos. Os xavaneses son o maior grupo étnico e politicamente o dominante. Indonesia desenvolveu unha identidade compartida definida por un idioma nacional, pola diversidade étnica, o pluralismo relixioso dentro dunha poboación de maioría musulmá e unha historia de colonialismo constante e a súa loita contra el. O lema nacional de Indonesia, "Bhinneka Tunggal Ika" ("Unidade na diversidade"), articula a diversidade que conforma á nación. Non obstante, as tensións sectarias e o separatismo conduciron a violentos enfrontamentos que minaron a estabilidade política e económica do país. A pesar da súa gran poboación e as rexións densamente poboadas, en Indonesia atópanse vastas terras inhabitadas que o fan un dos países do mundo con maior biodiversidade, integrándose na lista dos países megadiversos.
Pese a ter moitos recursos naturais, a pobreza é unha característica que define á Indonesia contemporánea.
Etimoloxía A verba "Indonesia" deriva do latín Indus, que significa "India" e do grego νῆσος nesos, que significa "illa". O nome data do século XVIII, precedendo a formación da Indonesia independente. En 1850, George Earl, un etnólogo inglés, propuxo os termos Indunesians, ou tamén Malayunesians, para referirse aos habitantes do "arquipélago indio" ou do "arquipélago malaio". Na mesma publicación, un estudante de Earls, James Richardson Logan, utiliza a palabra "Indonesia" como sinónimo para "arquipélago indio". Mais os académicos neerlandeses que escribían publicacións nas Indias Orientais non utilizaban a verba "Indonesia", utilizaron termos como Maleische Archipel ("Arquipélago Malaio"); Nederlandsch Oost Indië (Indias Orientais Neerlandesas); de Oost (o Leste); ou incluso Insulinde.Este termo foi introducido en 1860 na novela Max Havelaar, escrita por Multatuli, a cal contén varias críticas contra o colonialismo neerlandés.
Desde 1900, o nome "Indonesia" tornouse máis común nos círculos académicos de fóra dos Países Baixos, e grupos nacionalistas indonesios adoptárono para a súa expresión política. Adolf Bastian, da Universidade de Berlín, popularizou o nome a través do seu libro Indonesien oder die Islas des Malayischen Archipels, 1884–1894. O primeiro erudito indonesio en utilizar o nome foi Suwardi Suryaningrat (Ki Hajar Dewantara), cando en 1913 estableceu unha imprenta nos Países Baixos co nome Indonesisch Pers-mesa'.
Historia
miniatura|esquerda|Gravado dun barco en Borobudur, realizado ao redor do ano 800 d. C.
Prehistoria
Restos fosilizados de homo erectus, popularmente coñecido como o home de Xava, suxiren que o arquipélago indonesio foi habitado desde hai dous millóns de anos aproximadamente.Whitten, pp. 309-312 O Homo sapiens chegou á rexión ao redor de 43.000 a.C. Os austronesios, quen constitúen a maioría da poboación contemporánea, emigraron ao sueste asiático desde o actual Taiwán. Ao redor do ano 2000 a. C., chegaron a Indonesia e mentres expandían os seus territorios, confinaron os melanesios nativos a habitar as illas máis orientais do arquipélago.Taylor, pp. 5–7 A principios do século VIII a. C., as condicións agrícolas ideais e o perfeccionamento das técnicas para o cultivo de arroz permitiron o xurdimento de pequenas aldeas, vilas e reinos.Taylor, pp. 8-9. A posición estratéxica de Indonesia fomentou o comercio interinsular e internacional. Por exemplo, os vínculos comerciais con reinos indios e a China establecéronse varios séculos a. C.,Taylor, pp. 15-18. co que se demostra que o comercio foi parte fundamental na historia de Indonesia.Taylor, pp. 3, 9, 10-11, 13, 14-15, 18-20, 22-23.Vickers, pp. 18-20, 60, 133-134.
Influencias indias e musulmás
Desde o século VII d. C., floreceu o poderoso reino naval de Srivijaya, como resultado do comercio e as influencias do hinduísmo e do budismo que se importaron con eles.Taylor, pp. 22–26Ricklefs, p. 3. Entre os séculos VIII e X, prosperaron e desapareceron as dinastías Saliendra e Mataram, deixando grandes monumentos relixiosos na illa de Xava, tales como Borobudur (Sailendra) e Prambanan (Mataram). Durante o século XIII, fundouse o reino hindú de Majapahit no oriente da illa de Xava, e baixo o mando de Gajamada, a súa influencia expandiuse sobre gran parte de Indonesia, dando lugar a un período que a miúdo se coñece como a "idade de ouro" da historia de Indonesia.
Aínda que os comerciantes musulmáns viaxaron a través do sueste asiático desde principios da era islámica, os primeiros vestixios de poboacións musulmás en Indonesia remóntanse ao século XIII no norte de Sumatra.Ricklefs, 3-14. Gradualmente, outras áreas indonesias adoptaron o islam, e desde finais do século XVI é a relixión dominante en Xava e Sumatra. Na súa maior parte, as prácticas islámicas atópanse superpostas e combinadas con outras influencias culturais e relixiosas que existían previo á súa chegada, que deron forma á corrente predominante do islam en Indonesia, especialmente na illa de Xava.Ricklefs, pp. 12-14.
Época colonial
miniatura|esquerda|A rendición do príncipe Diponegoro diante do xeneral De Kock, por Nicolaas Pieneman, 1830.
Os primeiros europeos chegaron a Indonesia en 1512, cando os comerciantes portugueses, dirixidos por Francisco Serrão, tentaron monopolizar as fontes da noz moscada, o cravo e a pementa nas Molucas.Ricklefs, pp. 22–24 Posteriormente, en 1602 os holandeses estableceron a Compañía Holandesa das Indias Orientais (VOC) e converteuse na potencia europea dominante na zona. Tras a quebra, a VOC formalmente disolveuse en 1800, o goberno dos Países Baixos estableceu as Indias Orientais Neerlandesas como unha colonia nacionalizada.Ricklefs, p. 24
Durante a maior parte do período colonial, o control neerlandés sobre o arquipélago foi tenue fora dalgunhas illas e zonas costeiras. As tropas neerlandesas constantemente dedicábanse a sufocar rebelións dentro e fóra da illa de Xava. A influencia dos dirixentes locais, tales como o príncipe Diponegoro en Xava central, Imam Bonjol en Sumatra central e Pattimura nas Molucas; ademais dunha guerra sanguenta en Aceh que durou trinta anos, debilitaron os neerlandeses e reduciron as forzas militares coloniais.Ricklefs (1991), p. 142Friend (2003), p. 21 A pesar das profundas divisións políticas e sociais, durante a guerra de independencia os indonesios uníronse na súa loita pola liberdade.Schwartz, pp. 3-4. So a principios do século XX o dominio neerlandés ampliouse ao que posteriormente serían os límites actuais de Indonesia.
Independencia
Finalmente, a invasión e ocupación xaponesa durante a segunda guerra mundialDower, John W. War Without Mercy: Race and Power in the Pacific War (1986; Pantheon; ISBN 0-394-75172-8) terminaron co dominio neerlandés,Ricklefs, pp. 31-39 e alentou o movemento de independencia indonesio previamente suprimido polos xaponeses. Dous días despois da rendición do Xapón en agosto de 1945, Sukarno, un influente líder nacionalista, declarou a independencia e foi nomeado presidente.Taylor, p. 325.Reid, p. 30. Os Países Baixos trataron de restablecer o control sobre o país, dando lugar a unha loita armada e diplomática que terminou en decembro de 1949, cando ante a presión internacional, os neerlandeses recoñeceron formalmente a independencia de Indonesia (con excepción do territorio neerlandés de Nova Guinea Occidental, que se incorporou tras o acordo de Nova York de 1962 e a acta de libre elección da ONU). A pesar das extraordinarias divisións políticas, sociais e sectarias, os indonesios, en xeral, atoparon a unidade na súa loita pola independencia.
Sukarno pasou da democracia cara ao autoritarismo e mantivo o poder ao equilibrar as forzas opostas dos militares , o islam político e o cada vez máis poderoso Partido Comunista de Indonesia (PKI).Ricklefs, pp. 237-280. O 30 de setembro de 1965, un intento de golpe de estado foi contrarrestado polo exército liderado polo xeneral Suharto, quen instigou unha violenta campaña anticomunista, durante o cal se atribuíu ao PKI o intento de golpe de estado e o partido foi disolto.Friend, pp. 107-109.Ricklefs, pp. 280-283, 284, 287-290. Entre 500 000 e un millón de persoas foron asasinadas durante estes enfrontamentos. O xefe do exército, o xeneral Suharto, suplantou o xa debilitado Sukarno e en marzo de 1968 foi nomeado formalmente presidente. A administración da "nova orde" ( ou Orba) termo acuñado por Suharto foi apoiada polo goberno dos Estados Unidos,Adrian Vickers, A History of Modern Indonesia. Cambridge University Press, p. 163; 2005David Slater, Geopolitics and the Post-Colonial: Rethinking North-South Relations, London: Blackwell, p. 70. e alentou o investimento estranxeiro directo no país, un factor importante para o crecemento económico nas tres décadas posteriores. Con todo, a "nova orde" autoritaria foi amplamente acusado de corrupción e represión violenta da oposición política.