Tesouro de Gazteluberri 311x311pxConxunto do tesouro de Gazteluberri· Data do depósito: ca. 1600. · Período: Idade Moderna.
· País: España.
· Descubridores: Juan Berasategui e Eugenio Martín.
· Lugar de aparición: Parzonería Menor de Guipúscoa.
· Data do achado: 7 de abril de 1960.
· Composición: 52 moedas e un chocallo.
· Material: ouro, prata e ferro.
· Conservación: Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid.
O tesouro de Gazteluberri é un conxunto de moedas españolas de prata e de ouro soterrado no interior dun chocallo a finais do século XVI ou principios do XVII, achado en 1960 na provincia de Guipúscoa.
O tesouro albérgase no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid."Tesoro de Gazteluberri". Museo Arqueológico Nacional.
O achado A súa descuberta tivo lugar o 7 de abril de 1960, cando os traballadores Juan Berasategui Urquía, Eugenio Martín Zazo e un terceiro de identidade descoñecida, que plantaban piñeiros nuns terreos próximos á pena de Gazteluberri, na entidade local menor guipuscoana coñecida como Parzonería Menor de Guipúscoa, acharon un chocallo de ferro con moedas no seu interior, ao abrir un foxo, a uns dez centímetros de profundidade.Ibañez Artica, M. (2020). Páxinas 275-276.
Este conxunto monetario foi estudado e publicado en 1967 polo historiador e numismático Joaquín María de Navascués.Navascués y de Juan, J. M. (1967).
O tesouro foi adquirido polo Ministerio de Educación Nacional. Logo da súa correspondente taxación oficial, que foi de 123.698 pesetas, este diñeiro dividiuse en dúas partes: unha para o municipio de Segura e outra para repartir a partes iguais entre os descubridores do tesouro. O pagamento levouse a cabo o 30 de decembro de 1960.Ibañez Artica, M. (2020). Páxinas 276-278.
Contido Trátase dun conxunto composto por 52 moedas, delas 43 de prata e cinco de ouro.Ibañez Artica, M. (2020). Páxina 275. As moedas foron emitidas a nome de Xoana I e Carlos V (1537-1556) e Filipe II (1556-1598). procedentes de cecas tan distantes como as peninsulares de Sevilla, Segovia, Toledo, Valladolid e Granada, e as imperiais americanas de México e Potosí.Ibañez Artica, M. (2020). Páxina 278.
+Moedas do tesouro ImaxeMetalMoedaCantidadePeso medio200x200pxOuro1 escudo23,33 grOuro2 escudos76,76 grPrata2 reais15,96 grPrata4 reais813,74 gr Prata8 reais3427,35 gr
Data e motivos do soterramento Respecto á data da ocultación do tesouro, atendendo ao seu contido podería situarse cara ao derradeiro ano do período de Filipe II ou nos primeiros de Filipe III (1598-1621), cara ao ano 1600.Ibañez Artica, M. (2020). Páxina 280.
En relación coas circunstancias do soterramento, no seu estudo de 1967, Navascués propuña a hipótese de que se tratase dos aforros dun pastor ou do resultado dunha venda de gando, dada a súa localización nunha zona rural.Navascués y de Juan, J. M. (1967). Páxina 112. Pola súa banda, Ibáñez Antica apunta a unha probable relación entre o ocultamento e o contrabando de prata e ouro, xa que naquela época estaba prohibida a saída do país das moedas destes metais e existía a práctica común de exportalas clandestinamente, sinaladamente en zonas vascas próximas á fronteira con Francia.Ibáñez Artica, M. (1999). Páxina 162.Ibáñez Artica, M. (2018). Páxina 46.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ibáñez Artica, M. (1999). "Tesoro de Gazteluberri". En Alfaro Asíns, C. et al. (eds.). Tesoros del Gabinete Numismático. Las 100 mejores piezas del monetario del Museo Arqueológico Nacional. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Páxinas 162-163. ISBN 978-84-369-3734-3 Ibáñez Artica, M. (2018). "El tesoro de Gazteluberri". En Eco Filatélico y Numismático. Vol. 74. Nº 1.279. Páxinas 45-47. Ibañez Artica, M. (2020). "Nuevos datos sobre el Tesoro de Gazteluberri". En Boletín del Museo Arqueológico Nacional. Nº 39. Páxinas 275-282. Navascués y de Juan, J. M. (1967). "El tesoro de Gazteluberri". En Numario Hispánico. Tomo XI. Nº 22. Páxinas 93-114. Viñas, E. (2017-a-). "Un tesoro envuelto en misterio". En El Diario Vasco. 25 de setembro. Páxinas 42-43. Viñas, E. (2017-b-). "Resueltos los enigmas del tesoro de Gazteluberri". En El Diario Vasco. 11 de novembro. Páxina 56
Ligazóns externas
"Tesoro de Gazteluberri". Museo Arqueológico Nacional
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en España Categoría:Historia do País Vasco Categoría:Guipúscoa