O asasinato de Carrero Blanco, tamén coñecido polo nome en clave Operación Ogro, foi un atentado perpetrado pola organización terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA) o xoves 20 de decembro de 1973 contra o almirante Luis Carrero Blanco, presidente do Goberno español durante a ditadura franquista. O asasinato provocou un fondo impacto na sociedade española da época, xa que supuxo o maior ataque contra o réxime franquista desde o final da guerra civil en 1939.

A desaparición de Carrero Blanco tivo numerosas implicacións políticas. Nese momento facíase evidente a decadencia física do ditador Franco e, con iso, o agravamento da descomposición do aparello franquista que se viña manifestando nos últimos anos. Os sectores máis inmobilistas do franquismo, o denominado «búnker», saíron reforzados deste suceso e lograron influír para que Franco nomease sucesor a un membro da liña dura, Carlos Arias Navarro. Pola súa banda, con este atentado ETA deu un salto cualitativo nas súas accións armadas e converteuse nun dos principais actores da oposición ao franquismo.

Malia que as autoridades iniciaron unha investigación para aclarar os feitos, o caso quedou arquivado ao comezo da Transición. Os autores do atentado tampouco chegaron a ser xulgados por estes feitos porque se beneficiaron da lei de amnistía de 1977 tras a morte do ditador.

Antecedentes

En xuño de 1973 Franco nomeou presidente do goberno ao seu máximo home de confianza, o almirante Luis Carrero Blanco. Era a primeira vez que o ditador delegaba o cargo que ostentara (xunto coa xefatura do Estado) desde o seu nomeamento como «xeneralísimo» o 1 de outubro de 1936. Carrero Blanco estivera canda o xeneral Franco desde 1941 como o seu máximo asesor. Ocupou o cargo de subsecretario da Presidencia do Goberno, co rango de ministro desde 1951 e de vicepresidente do goberno desde 1967. Conforme Franco ía envellecendo, as tarefas cotiás de goberno foinas asumindo el. Amais, Franco confiaba en Carrero para que o Movimiento sobrevivise tras a súa morte, cando asumise a xefatura do Estado o príncipe de España Juan Carlos de Borbón, a quen designara sucesor en xullo de 1969 a instancias do propio Carrero. Así pois, cando foi nomeado presidente do Goberno fíxose «oficial» que el era o máximo garante da continuidade do réxime, nun momento en que o xeneral Franco xa fixera 80 anos. Este é o retrato que Juan Luis Cebrián fai de Carrero Blanco: Un retrato similar é o que realiza Antonio Elorza:Antonio Elorza, "La muerte del valido de Franco", El País, 14 de decembro de 2003.

Planificación A planificación e execución do atentado foi relatada polos propios perpetradores no libro Operación Ogro. Como y por qué ejecutamos a Carrero Blanco, publicado en Hendaia o ano seguinte. En realidade foi escrito por Eva Forest, quen axudou ao comando a realizaren o atentado e a fuxiren. Encheuno de pistas falsas —como que o comando fuxira por Portugal— para protexer os seus autores, quen colaboraron con ela na súa redacción en Ciboure (Francia). Foi ela quen inventou o nome do suposto autor do libro (Julen Aguirre) e o do operativo, «Operación Ogro».

O grupo de etarras que perpetrou o atentado autodenominouse «Comando Txikia», polo nome dun dirixente de ETA asasinado pola policía. Integrábano Jesús Zugarramurdi «Kiskur», José Miguel Beñarán «Argala» e Javier Larreategi «Atxulo».

Os preparativos comezaron máis dun ano antes. Segundo os testemuños recollidos polo xornalista Luis R. Aizpeolea, todo comezou con varias viaxes de Argala a Madrid en 1972. Alí entrou en contacto con Eva Forest, esposa do dramaturgo Alfonso Sastre, ambos disidentes do Partido Comunista de España. Ao parecer, foi ela quen lle proporcionou a Argala o valioso dato de que o coche do almirante Carrero Blanco facía sempre o mesmo percorrido polas rúas de Madrid á primeira hora da mañá, o cal Argala confirmou en persoa. Tras coñecer esa información, a primeira intención da cúpula de ETA foi secuestrar o almirante a cambio da liberación dos 150 etarras que se atopaban en prisión. Os primeiros preparativos, en efecto, foron nesa dirección, e chegaron a construír un zulo nun piso de Alcorcón que lles proporcionara Eva Forest onde reterían ao almirante. Porén, o nomeamento de Carrero Blanco como presidente do Goberno en xuño de 1973 supuxo un aumento da súa escolta. A situación obrigou a ETA a un cambio de plans, co que descartaron o secuestro e decidiron asasinar a Carrero.

A principios de novembro, segundo Aizpeolea, Argala decatouse de que no 104 da rúa de Claudio Coello, pola que circula Carrero todos os días, hai un baixo en alugamento. Deseguida visionou o tipo de atentado. Escavarían un túnel desde dentro do baixo até o centro da rúa e colocarían alí un explosivo que faría saltar o vehículo de Carrero ao seu paso. A dirección aceptou a proposta. Atxulo faise pasar por escultor para xustificar o ruído mentres escavaba o túnel desde o baixo alugado. Aproveitouse a experiencia de Argala, quen en 1970 escavou nas proximidades da prisión de Burgos outro túnel para tentar liberar os presos etarras». miniatura|Fachada da igrexa de San Francisco de Borja, onde Luis Carrero Blanco acudía á misa No túnel da rúa Claudio Coello de Madrid colocaron tres cargas antitanque equivalentes a 50 quilos de dinamita para facelas estoupar cando pasase o coche oficial do almirante tras asistir á misa. Ás 8:55 da mañá Carrero Blanco saía invariabelmente do portal da súa casa na rúa Hermanos Bécquer, subía ao coche oficial, un Dodge 3700 GT negro, enfilaba cara ao inicio da rúa López de Hoyos, entraba na rúa de Serrano e alí ouvía misa na igrexa dos xesuítas. Terminada a misa, de novo ao coche, dobraba por Juan Bravo, enfilaba Claudio Coello, e por Diego de León regresaba á casa. Despois de almorzar acudía ao seu despacho na sede de Presidencia do Goberno, no número 3 do paseo da Castellana. O coche non estaba blindado, a diferenza dos que utilizaba Franco, e só levaba un coche de escolta en que viaxaban dous policías e o condutor, tamén policía. No coche de Carrero ía outro policía xunto ao condutor. «Era máis un acompañamento de protocolo ou de cortesía que de seguridade».

O atentado estaba previsto para o 18 de decembro. Porén, a presenza en Madrid do secretario de Estado estadounidense Henry Kissinger obrigou a aprazalo ao día 20. A rúa Claudio Coello estaba preto da embaixada dos Estados Unidos, polo que era previsíbel que eses días aumentasen as medidas de seguridade na zona. Doutra banda, especulouse sobre como foi posíbel que os servizos da embaixada non detectasen a construción do túnel onde os etarras colocaron os explosivos. Segundo o historiador británico Charles Powell, «non resulta tan sorprendente se se ten en conta que daquela non existía unha clara percepción de ameaza terrorista na capital española».

A axencia oficial soviética Tass difundiu oito anos máis tarde que o atentado contou co beneplácito ou a colaboración, directa ou indirecta, dos Estados Unidos. O motivo era que Carrero Blanco se negaba a obedecer cegamente as ordes que recibía do outro lado do Atlántico. Con todo, tras examinar a documentación estadounidense que xa fora desclasificada, Powell afirmou rotundamente que non existía proba algunha desa acusación. Engade:

Atentado miniatura|Dodge 3700 GT, modelo do coche en que viaxaba Carrero Blanco A mañá do 20 de decembro de 1973, como adoitaba facer cada día antes de acudir á sede da Presidencia do Consello de Ministros, Carrero Blanco asistiu á misa na igrexa de San Francisco de Borja. Tras a celebración relixiosa volveu subir ao coche oficial. Cando circulaba pola rúa Claudio Coello, arredor das 09:27, os terroristas activaron os explosivos no momento en que o vehículo pasou por riba da zona sinalada cun coche aparcado por eles. A explosión, que acabou no instante coa vida de Carrero Branco, foi tan violenta que abriu un gran cráter no asfalto. O coche, un Dodge 3700 GT de 1426 quilos de peso, voou polo aire até unha altura de 35 metros e caeu na azotea da Casa Profesa, anexa á igrexa onde oíra misa. A súa filla Ángeles, quen sempre o acompañaba, non o fixo ese día, o cal evitou máis mortes. Posteriormente tamén finaron os acompañantes que ían no vehículo canda Carrero, o inspector de Policía Juan Antonio Bueno Fernández e o condutor, José Luis Pérez Mogena. miniatura|O coche no balcón da Casa Profesa de Madrid, inmediatamente despois do atentado. miniatura|esquerda|Dodge 3700 GT no que Luis Carrero Blanco sufriu o atentado. O etarra Kiskur dera o sinal a Argala, quen subido a unha escaleira e camuflado cun mono de electricista detonou as cargas explosivas. Ambos saíron correndo cara a rúa contigua de Diego de León, onde os espera Atxulo ao volante dun automóbil. O coche enfila cara á glorieta de Rubén Darío, e diante da Escola de Policía, na rúa Miguel Ángel, cambian de vehículo e diríxense ao seu refuxio na rúa Hogar 68, en Alcorcón (Madrid). Os tres permaneceron ocultos alí até o fin do mes, do que os sacou o seu contacto en Madrid, Eva Forest, disidente do Partido Comunista de España. Un camión trasladounos logo a Hondarribia (Guipúscoa), dende onde chegaron a Francia tras cruzaren o río Bidasoa.

Daquela era tan inconcibíbel pensar nun atentado terrorista que os policías que viaxaban no coche de escolta, feridos polos entullos que caeron sobre o vehículo tras a explosión, só comunicaron por radio á Dirección Xeral de Seguridade: «Houbo unha explosión. Manden outro coche para escoltar o presidente, que o meu está afundido». En principio pensaron que o coche de Carrero non fora afectado pola explosión. Porén, ao non atopalo nas rúas adxacentes, chegaron a pensar que se podía achar no fondo do enorme foso asolagado de auga que había no centro da rúa. Son uns xesuítas quen lles comunicaron que o coche se atopaba na terraza do seu edificio con tres persoas atrapadas dentro. Os policías seguían mantendo que se tratara dunha explosión de gas accidental, e esa era a hipótese inicial que sostiña o ministro da Gobernación Carlos Arias Navarro. Porén, a inspección do terreo descartou que se tratase de gas, o que non deixaba outra opción que o atentado terrorista. A hipótese da explosión de gas parecía plausíbel, pois o ano anterior houbera unha en Barcelona que causara 18 mortos, amais doutros incidentes similares.

Reivindicación do atentado por ETA Ás once da noite dese mesmo día, o informativo en castelán de Radio París comunicou que ETA, a través dun comunicado, asumía a autoría do atentado. Cualificouno de «xusta resposta revolucionaria» ás mortes de nove membros da organización a mans da Garda Civil. Así mesmo, engadiu que constituía «un avance na loita contra a opresión nacional, polo socialismo en Euskadi e pola liberdade de todos os explotados e oprimidos dentro do Estado español».

O obxectivo do atentado, segundo indicaba o comunicado, era tamén intensificar as divisións entón existentes no seo do réxime franquista entre a facción «aperturista» e a «purista». Segundo declaracións posteriores dun dos membros do Comando Txikia, Carrero Blanco era «unha peza fundamental» e «insubstituíbel» do réxime e representaba o «franquismo puro»:

Tras coñecer o comunicado, o xefe do Goberno Vasco no exilio, Jesús María de Leizaola, declarou en París que non cría que detrás do atentado se atopase unha facción de ETA e que estaba convencido de que o comunicado era falso, o que obrigou a ETA a reafirmar a súa autoría nun segundo comunicado. Uns días máis tarde ETA convocaba unha rolda de prensa clandestina nalgún lugar do sur de Francia. Un encapuchado explicou en éuscaro a planificación e obxectivos do atentado, mentres outro ía traducindo ao francés.

A finais de decembro de 1973, Santiago Carrillo, secretario xeral do PCE, declarou en relación co atentado: