Agrupación Democrática de Neda Independente foi unha agrupación política xurdida no concello de Neda para as eleccións municipais de 1979. Estivo liderada por José Carlos Pita López, traballador industrial e miliante comunista, que ese ano acadou a alcaldía. A agrupación, de ideoloxía de esquerdas, disolveuse antes das eleccións municipais de 1991, cando o equipo de goberno pasou ás listas do PSOE.

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Neda

Categoría:Partidos políticos de Galicia Categoría:Neda