Stephen Jay Gould (//), nado en Nova York o 10 de setembro de 1941 e finado na mesma cidade o 20 de maio de 2002, foi un paleontólogo, xeólogo, biólogo evolutivo e historiador da ciencia estadounidense e un dos máis influentes e lidos divulgadores científicos da súa xeración.
Gould pasou a maior parte da súa carreira docente na Universidade Harvard e traballando no Museo Americano de Historia Natural de Nova York. Nos últimos anos da súa vida, impartiu clases de bioloxía e evolución na Universidade de Nova York, próxima á súa residencia no SoHo.
A maior contribución de Gould á ciencia foi a teoría do equilibrio interrompido (ás veces traducido como “puntuado”, do inglés punctuated equilibrium) que desenvolveu con Niles Eldredge en 1972.Eldredge, Niles y S. J. Gould (1972). "Punctuated equilibria: an alternative to phyletic gradualism." (en inglés) En T.J.M. Schopf, ed., Models in Paleobiology. San Francisco: Freeman, Cooper and Company, pp. 82-115. Consultado o 4 de decembro de 2010 A teoría propón que a maioría dos procesos evolutivos están compostos por longos períodos de estabilidade, interrompidos por episodios curtos e pouco frecuentes de bifurcación evolutiva. A teoría contrasta co gradualismo filoxenético, que é a idea xeneralizada de que o cambio evolutivo se caracteriza por un patrón homoxéneo e continuo, é dicir, os seres vivos evolucionan sufrindo pequenos cambios constantes e sempre máis ou menos ao mesmo ritmo.
A maior parte da investigación empírica de Gould baseouse nos xéneros de caracois terrestres Poecilozonites e Cerion e ademais contribuíu á bioloxía evolutiva do desenvolvemento. Na súa teoría evolutiva opúxose ao seleccionismo estrito, á sociobioloxía aplicada a seres humanos e á psicoloxía evolucionista. Fixo campaña contra o creacionismo e propuxo que a ciencia e a relixión sexan considerados dous ámbitos distintos, ou «maxisterios», cuxas autoridades non se solapan.Gould, S. J. (1997). "Nonoverlapping magisteria". (en inglés) Natural History 106 (marzo): 16-22. Consultado o 30 de novembro de 2010
Para o público xeral Gould é coñecido sobre todo polos seus máis de 300 ensaios divulgativos publicados na revista Natural History, e outros libros destinados a unha audiencia non especialista. Moitos dos ensaios de Gould para a revista Natural History foron reimpresos en libros entre os que sobresaen Desde Darwin e O pulgar do panda. Os seus tratados máis populares inclúen libros como A falsa medida do home, A vida marabillosa e A grandeza da vida. O seu libro Ontoxenia e Filoxenia tivo grande sona. Pouco tempo antes da súa morte, Gould publicou un longo tratado recapitulando a súa versión da teoría evolutiva moderna chamado A estrutura da teoría da evolución (2002). En 2000, a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos nomeouno "Lenda Viva".
Traxectoria Infancia miniatura|275px|right|Exemplar de Tyrannosaurus rex no Museo Americano de Historia Natural que, segundo Gould, foi a súa inspiración para facerse paleontólogo. Gould naceu e criouse en Bayside, un tranquilo barrio situado en Queens, Nova York. O seu pai Leonard traballaba de taquígrafo nos xulgados, e a súa nai Eleanor era artista. Cando Gould tiña cinco anos de idade, o seu pai levouno á sala dos dinosauros do Museo Americano de Historia Natural, onde se encontrou por primeira vez perante un fósil de Tyrannosaurus rex. «No tiña idea de que houbera tales cousas; estaba abraiado», lembraba Gould.Green, Michelle (1986). "Stephen Jay Gould: driven by a hunger to learn and to write". (en inglés) People 25 109-114. Consultado o 30 de novembro de 2010 Nese momento decidiu facerse paleontólogo.
Relixión e política Criado nun fogar secular xudeu, Gould non practicou ningunha relixión e prefería ser considerado agnóstico. O biólogo Jerry Coyne, que tivera a Gould no seu comité de tese, describiuno como un “ateo acérrimo onde os haxa” (“diehard atheist if there ever was one.”)Harris, Sam (2015) "Faith vs. Fact: An Interview with Jerry Coyne." May 19. (12m:22s) www.samharris.org. O amigo persoal de Gould Oliver Sacks denominábao "ateo xudeu".Sacks, Oliver (2006) Introduction. The Richness of Life. W. W. Norton & Company, p. 8. Cando lle preguntaron nunha entrevista no Skeptic magazine se era agnóstico, el respondeu:
Malia que «fora criado por un pai marxista», afirmou que as ideas políticas do seu pai eran «moi diferentes» das súas.Gould, S. J. (2002). The Structure of Evolutionary Theory. Cambridge: Belknap Press of Harvard University Press. ISBN 0-674-00613-5 Con respecto ás súas opinións políticas dixo que «tendían a ser de centro-esquerda».Gould, S. J. (1981). "Official Transcript for Gould’s deposition in McLean v. Arkansas". (en inglés) (Nov. 27) Consultado o 30 de novembro de 2010. Baixo xuramento nun xuízo Gould afirmou: «Os meus puntos de vista tenden a ser de centro-esquerda. P. Podería ser máis específico sobre as súas opinións políticas? R: Non sei como podo selo. Non son dos que se unen a grupos, así que non pertenzo a ningunha organización. Sempre me resistín a ser etiquetado. Pero se vostede le o meu outro libro, A falsa medida do home, que non está incluído porque non trata da evolución, terá unha idea das miñas opinións políticas». P. 153. Segundo Gould, os libros de política máis influentes que leu foron A elite do poder de C. Wright Mills e os escritos políticos de Noam Chomsky.
Cando asistía ao Antioch College na década de 1960, Gould participou no Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos e con frecuencia fixo campaña pola xustiza social. Na Universidade de Leeds, sendo estudante visitante, organizou manifestacións semanais contra un salón de baile de Bradford que se negaba a admitir negros. Gould continuou estas manifestacións ata que esa política foi revogada.Gaspar, Phil (2002). "Stephen Jay Gould: Dialectical Biologist". (en inglés) International Socialist Review 24 (xullo-agosto). Consultado o 30 de novembro de 2010 Ao longo da súa carreira e nos seus escritos denunciou a opresión cultural en todas as súas formas, sobre todo o que el vía como pseudociencia usada ao servizo do racismo e o sexismo.Lewontin, Richard Levins e Richard (2002). "Stephen Jay Gould—what does it mean to be a radical?" (en inglés)Monthly Review 54 (01 de novembro). "A vida intelectual e política públicas de Steve Gould eran extraordinarias, por non dicir únicas. En primeiro lugar, foi un biólogo evolutivo e historiador da ciencia, cuxo traballo intelectual tivo un grande impacto na nosa visión do proceso da evolución. En segundo lugar, era, con diferenza, o comunicador sobre ciencia máis coñecido e influente que escribiu para un público leigo. En terceiro lugar, era un activista político coherente no seu apoio do socialismo e en oposición a toda forma de colonialismo e opresión. A figura que máis se parece neste aspecto foi o biólogo británico da década de 1930, J. B. S. Haldane, un dos fundadores da teoría xenética da evolución moderna, un ensaísta marabilloso da ciencia para o público xeral, e un marxista idiosincrásico e columnista para o Daily Worker que finalmente se separou do Partido Comunista pola súa esixencia de que as afirmacións científicas debían seguir a doutrina do Partido. " Consultado o 30 de novembro de 2010
Matrimonios Gould casou dúas veces. O seu primeiro matrimonio foi coa artista Deborah Lee, en 1965, á que coñeceu cando ambos os dous estudaban no Antioch College, e coa que tivo dous fillos, Jesse e Ethan. O seu segundo matrimonio foi en 1995 coa artista e escultora Rhonda Roland Shearer, que é a nai de Jade e London Allen, fillastros de Gould.Yoon Kaesuk Carol (2002). "Stephen Jay Gould, 60, Is Dead; Enlivened Evolutionary Theory." New York Times, 21 de maio 2002.
Cancro En xullo de 1982, Gould foi diagnosticado de mesotelioma peritoneal, unha forma mortal de cancro que afecta ao revestimento abdominal e que se encontra con frecuencia en persoas que estiveron expostas ao amianto. Despois de dous anos de difícil recuperación, Gould publicou unha columna para a revista Discover, titulada The median isn't the message ("A mediana non é a mensaxe"), que fala da súa reacción ao descubrir que os pacientes de mesotelioma tiñan unha esperanza de vida mediana de só oito meses despois do diagnóstico.Gould, S. J. (1985). "The Median Isn't the Message". (en inglés) Discover 6 (xuño): 40-42. Consultado o 31 de outubro de 2010]. Seguidamente, describe o verdadeiro significado que está detrás deste número e o seu alivio ao darse conta de que as medias estatísticas son útiles abstraccións e non abranguen toda a gama de variación.
A mediana é o punto medio en estatística o que significa que o 50 % dos pacientes morren antes dos 8 meses, pero parte da outra metade vivirá posiblemente moito máis tempo. Necesitaba determinar onde se localizaban as súas características persoais dentro deste conxunto de posibilidades. Tendo en conta que o seu cancro foi detectado a tempo, e o feito de que era novo, optimista e tivo os mellores tratamentos dispoñibles, Gould imaxinou que debía estar na metade favorable do rango superior estatístico. Despois dun tratamento experimental de radiación, quimioterapia e cirurxía, Gould conseguiu unha recuperación completa e a súa columna xornalística converteuse en fonte de inspiración para moitos pacientes de cancro.
Gould foi tamén un defensor da marihuana medicinal. Durante a súa loita contra o cancro, fumou esta droga para aliviar as náuseas asociadas aos seus tratamentos médicos. Segundo Gould, o uso da marihuana tivo un «efecto moi importante» na súa recuperación final.Bakalar, James and Lester Grinspoon (1997). Marihuana, the Forbidden Medicine. New Haven: Yale University Press, pp. 39-41. (en inglés) Consultado o 16 de xaneiro de 2011 En 1998 foi testemuña no caso de Jim Wakeford, un usuario e activista da marihuana medicinal canadense.
Afeccións Os seus ensaios científicos para Natural History aluden con frecuencia aos seus pasatempos e intereses non científicos. Cando era un rapaz coleccionaba cromos de béisbol e seguiu sendo un afervoado seguidor deste deporte durante toda a súa vida. De adulto gustábanlle as películas de ficción científica, pero laiábase a miúdo da súa mediocridade (non só na súa presentación da ciencia, senón polos seus argumentos).Gould, S. J. (1993). "Dinomania". (en inglés)New York Review of Books 40 (August 12): 51-56. Consultado o 28 de outubro de 2010. Outras afeccións eran cantar no coro Boston Cecilia, e as operetas de Gilbert e Sullivan. Coleccionaba libros raros e antigos. Viaxaba con frecuencia a Europa e falaba francés, alemán, ruso e italiano, e admiraba a arquitectura renacentista. Cando falaba da tradición xudeu-cristiá, referíase a ela simplemente como «Moisés» e adoitaba aludir con pesar sobre a súa tendencia a engordar.Gould, S. J. (1983). Hen's Teeth and Horse's Toes. New York: W. W. Norton & Company. ISBN 0-393-31103-1.
Morte Gould morreu o 20 de maio de 2002 por causa dunha metástase cancerosa de adenocarcinoma de pulmón, que se estendera ao seu cerebro.Harvard News Office (2002). "Paleontologist, author Gould dies at 60". (en inglés) The Harvard Gazette. (20 de maio). Consultado o 30 de novembro de 2010. Porén, non estaba relacionado co seu anterior cancro abdominal de vinte anos antes, do que se recuperara totalmente. Morreu na súa casa, «nunha cama posta na biblioteca do seu apartamento do SoHo, rodeado pola súa muller Rhonda, súa nai Eleanor e os moitos libros que amaba».Krementz, Jill (2002). "Jill Krementz Photo Journal". (en inglés) New York Social Diary. Consultado o 30 de novembro de 2010.
Carreira científica