Xesús Rodríguez Jares, nado en Viana do Bolo en 1955 e finado en Vigo en 2008, foi un pedagogo, escritor e animador galego.

Traxectoria

Estudou Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, na facultade de Filosofía e ciencias da Educación a partir do ano 1976, onde foi alumno entre outros do Profesor Herminio Barreiro e do Profesor Antón Costa. onde participou do movemento estudantil antifranquista. En 1980 doutorouse nesta Universidade coa tese "Educación para a paz: fundamentos e modelos de intervención".

Como mestre en diversas escolas galegas concretáronse varias iniciativas vinculadas coa innovación pedagóxica e a Educación para a Paz, movemento do cal se considera iniciador en Galicia. En 1983, no marco de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, foi un dos creadores da asociación Educadores pola Paz, e introduciu a conmemoración do Día escolar da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro). Divulgou as liñas pedagóxicas e socioculturais que promove dende Educadores pola Paz ao resto do Estado, a Portugal e América Latina.

Impulsou e coordinou proxectos interdisciplinares como a triloxía Educación e Paz I, II e III. Abarca asemade outros campos de traballo como a organización democrática dos centros escolares, os dereitos humanos e Cidadanía e Convivencia, implicando ás administracións locais, como foi o caso de Aprender a Convivir (Vigo) e Vivir Xuntos, Convivir (Lugo). Foi Catedrático de Didáctica e Organización escolar na Universidade da Coruña.

Obra

En galego

Técnicas e xogos cooperativos para tóda-las idades - A Coruña: Vía Láctea, D.L. 1989. Educación e dereitos humanos: estratexias didácticas e organizativas - Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1998. Aprender a convivir - Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2002. Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades - Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2005. Educación e Paz I, II e III- Vigo: Edicións Xerais de Galicia, D.L. 2008.

En castelán Educación para la paz: su teoría, su práctica - Editorial Popular, 1991. El placer de jugar juntos: nuevas técnicas y juegos cooperativos - Editorial CCS, 1992. Educación para la paz: transversales - xunto a Inés Miret Bernal - Ministerio de Educación y Ciencia, 1992. Educación y derechos humanos: estrategias didácticas y organizativas - Editorial Popular, 1999. Pedagogía de la convivencia - Barcelona: Graó, 2006. Educación y conflicto: guía de educación para la convivencia - Editorial Popular, 2001. Educar para la paz en tiempos difíciles - Bilbao: Bakeaz, 2004. El placer de jugar juntos: técnicas y juegos cooperativos - Madrid: CCS, 2004. Educar para la verdad y la esperanza: en tiempos de globalización, guerra preventiva y terrorismos - Madrid: Editorial Popular, 2005.

Véxase tamén Ligazóns externas Suso Jares. Cidadán da República pola Paz (documental). Escola de Mediación Xesús R. Jares, no IES Carlos Casares de Viana do Bolo Suso Jares, ourive sensible, Faro de Vigo

Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos