Gendai Nihon no kaika (; "A civilización do Xapón contemporáneo") é unha conferencia impartida polo novelista Natsume Sōseki na cidade de Wakayama, a segunda dun ciclo de catro conferencias organizadas na rexión de Kansai en 1911. As catro foron publicadas con outros textos en 1913, baixo o título Shakai to jibun 社会と自分 ("A sociedade é mais eu").
Contidos Gendai Nihon no kaika versa sobre o desenvolvemento tecnolóxico e cultural producido pola modernización do Xapón tras a súa apertura ás influencias occidentais. A tese central de Sōseki é que estas mudanzas ocorreron a unha velocidade abrupta e de maneira esóxena, por imitación das potencias europeas e americanas, no canto de emerxer de maneira propia. Isto explica, para o autor, o malestar cultural da súa época, a era Meiji.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Texto completo en xaponés (Aozora Bunko)
Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Obras literarias de Natsume Sōseki