Emgann (en bretón loita) é un partido político bretón fundado en 1983 como a sección política do Fronte de Liberación da Bretaña, partidario da recuperación dos foros bretóns anteriores a 1532, do socialismo, do celtismo e do europeísmo. Ocasionalmente tivo contactos con Herri Batasuna e Sinn Féin. Ten uns 200 militantes e considérano brazo político do novo ARB. O seu portavoz é Gaël Roblin.
Véxase tamén Bibliografía Journal du mouvement de libération nationale du peuple breton pour le socialisme. Do número 0 de 1983 ó número 63 de 1991
Ligazóns externas Emgann
Categoría:Partidos nacionalistas bretóns Categoría:Independentismo en Francia